Santiago
As obras en centros educativos de Santiago suman 7,7 millóns
Educación acaba de presentar o proxecto de cambio de cuberta do IES Rosalía de Castro, no que se van investir 700.000 euros

Román Rodríguez, no centro da imaxe, durante a presentación do proxecto de cambio de cuberta do Rosalía / Cedida
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou onte o proxecto de cambio de cuberta do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, en Santiago, onde a Xunta vai investir case 700.000 euros. A actuación, que xa está licitada e ten un prazo de execución de catro meses, súmase a outras cinco que se atopan en diferentes fases nos centros educativos da cidade e que entre todas elas acadan os 7,7 millóns de euros.
Seis actuacións en marcha
O titular de Educación lembrou que nestas primeiras obras do ano tamén está incluída a ampliación do IES Lamas de Abade cun orzamento de 1,4 millóns, licitada a semana pasada. Ademais, están en marcha a ampliación do IES Eduardo Pondal (3 M€), a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II (1,8 M€), a reforma do Museo Pedagóxico de Galicia (500.000 €) e o cambio de cuberta do IES A Pontepedriña (306.000 €). A Xunta cifra en máis de 12 millóns os investimentos en melloras nos centros educativos composteláns ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica.
Rodríguez explicou que a intervención do Rosalía enmárcase no paquete de 16 primeiras obras que a Consellería vai desenvolver neste ano 2026 por máis de 16 millóns de euros. «Nos Orzamentos de 2026 temos unha partida de 73,6 millóns para obras en centros educativos, un 4 % máis do que destinamos para este fin en 2025», salientou.
Obra respectuosa co edificio histórico
Tal e como explicou o conselleiro, o cambio de cuberta do IES Plurilingüe Rosalía de Castro será unha actuación completamente respectuosa co edificio histórico que alberga o instituto. Neste sentido, indicou que a nova cubrición, de 3.288 m², irá aparafusada á estrutura de madeira existente, que se reparará nos puntos onde sexa necesario, e recuberta de tella curva do país.
Ademais da retirada das placas e tella curva que cubre o centro neste momento e a colocación dos novos elementos de cubrición, o programa da obra contempla tamén a instalación de novos canlóns e baixantes en todo o tellado. A maiores, cambiaranse as catro fiestras tipo velux para acceso á cuberta que se localizan nos faldóns interiores do claustro e executaranse os traballos de limpeza e impermeabilización que sexan precisos, entre outras tarefas asociadas.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago