Monte dos Postes
O PSOE de Santiago afea o trato de Raxoi ao club A Gaiola por deixalo sen pavillón: "Provocaron unha situación humillante"
O pasado sábado non puido disputar o partido que estaba programado ao atopar o recinto pechado

Pavillón de Monte dos Postes / Maps
A concelleira do PSOE de Santiago, Marta Abal denunciou onte o «bochorno» vivido o sábado no pavillón de Monte dos Postes, onde estaba prevista a celebración dun partido de fútbol sala feminino da Sociedade Deportiva A Gaiola que non se xogou por estar pechado o recinto. Abal tildou de «inaceptable» a situación e responsabilizou a Raxoi da mesma, xa que «o club contaba con autorización por escrito do concello, pero unha vez máis, a falta de coordinación e o desleixo do goberno local provocaron unha situación humillante».
A representante socialista sinalou que o equipo visitante, o Atlético Arnoia, «tivo que agardar 2 horas fóra ao frío para finalmente ter que volver á casa sen xogar». Abal valorou que «isto non é un erro puntual» senón que «é a segunda vez en catro meses que o concello se esquece de abrir un pavillón para as xogadoras da Gaiola».

Marta Abal, concelleira do PSOE / Cedida
Ante esta situación, lamentou que «estamos ante un ninguneo sistemático ao deporte feminino de base» e remarcou que A Gaiola, con 300 licencias e 18 anos de historia, «non merece ser tratado como un estorbo, senón como o referente que é». Así, esixiu que o goberno local «deixe de pedir desculpas baleiras e asuma responsabilidades pola xestión» dos pavillóns. «Santiago non pode permitir que a súa imaxe deportiva quede manchada por unha xestión administrativa tan ineficiente», concluíu».
O Partido Popular pide dimisións inmediatas
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, pediu este luns “responsabilidades claras, inmediatas e contundentes tras a suspensión da competición oficial de fútbol sala feminino no que participa o SD Gaiola, único equipo de fútbol sala feminino de Santiago, o que debería acarear dimisións inmediatas”.
“Non se pode xogar co traballo e as ilusións de xogadoras e afeccionados do SD Gaiola -dixo- e non pase nada, esiximos ao goberno nacionalista que dea explicacións publicamente e anuncie quen vai asumir a responsabilidade polo ocorrido”.

José Ramón de la Fuente, concelleiro do PP de Santiago / Cedida
De la Fuente remarcou tamén que “o PP de Santiago reclama ao Concello que asuma as consecuencias que poidan derivarse para o SD Gaiola pola cancelación da xornada, a non haber ninguén para abrir o pavillón; e abone os custos de desprazamento que tiveron que afrontar as xogadoras e equipo técnico do club que veu dende fora de Santiago”.
“Non é ningunha sorpresa a nefasta xestión do goberno de BNG e CA, levamos tempo denunciando a falta de proxecto, ideas e impulso tamén no eido deportivo na cidade, empezando pola falta de instalacións adecuadas e dimensionadas ás necesidades da capital de Galicia, pero o que resulta vergoñento -subliñou- é que se poña de manifesto de forma tan clara e evidente para o resto do deporte galego”.
O edil popular insistiu en que “esperamos que o goberno nacionalista se poña en contacto cos equipos afectados, SD Gaiola, Atlético Arnoia e Rodeiro FSF, porque isto xa non é a primeira vez que ocorre, e lles pida desculpas e asuma as consecuencias que para eles tiveron, polo desleixo deste goberno”.
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
- Rechazo del sector del transporte al preacuerdo con la patronal: ¿Qué pasa con la huelga en Santiago?
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche