Borrador presupostos 2026
Manuel César defende que a estimación de ingresar 5,6 millóns por multas "non ten afán recadatorio senón de seguridade viaria"
O edil de Facenda presenta o borrador dos orzamentos para 2026: máis de 148 millóns de euros, dous millóns máis que en 2025

O concelleiro de Facenda, Manuel César, durante a presentación do borrador dos orzamentos para 2026 / Jesús Prieto
O concelleiro de Facenda, Manuel César, presentou este luns no Pazo de Raxoi o borrador dos orzamentos para 2026. Uns presupostos cuxa contía total supera os 148 millóns, dous millóns de euros por riba dos aprobados para 2025.
Entre os ingresos previstos, unha das previsións que xa provocou as críticas da oposición foi a de 5,6 millóns por recadación de multas. Unha estimación que César afirmou vén realizada dende o departamento de Tráfico mais que "non ten afán recadatorio, senón de mellora da seguranza viaria". Unha seguridade pola que se velará pacificando o tráfico e reducindo a velocidade, para cuxo obxectivo se incrementará o número de pasos de peón elevados máis tamén o número de rádares de control.
Os 5,6 millóns previstos, dúas veces máis que o recadado en 2024, espertaron as dúbidas da oposición, que se queixou da pouca concreción do borrador que lles foi presentado, algo que César negou en rolda de prensa asegurando que a PSOE e concelleiros nos adscritos lles entregou "un borrador bastante desagregado", e engadiu que "estamos abertos a solventar calquera dúbida".
César tratou de enviar en todo caso unha mensaxe en positivo asegurando que cando se implantan este tipo de medidas a recadación é maior pero unha vez a cidadanía é coñecedora redúcese o número de sancións.
Vontade de levar a proposta a pleno en febreiro
O goberno local defende que estes máis de 148 millóns de orzamento están destinados á mellora da mobilidade, dos servizos públicos e da administración local.
Igual que a semana pasada fixeron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, o edil de Facenda, Manuel César, defendeu estes contidos en rolda de prensa, facendo referencia a partidas coma as destinadas ao contrato de transporte urbano, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou á rehabilitación do local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo, que acollerá a Casa dos Maiores.
Pero o certo é que poder executar o orzamento, se conseguen os apoios suficientes para aprobalo, vai depender de cando o borrador se someta á aprobación do pleno. Segundo César "a vontade do goberno local é chegar a acordos e levar a proposta a un pleno en febreiro, co que estaría en vigor para a primavera".
Con todo, e á vista das pegas que pon a oposición máis afín ao goberno por falta de concreción, e esixindo que o Bipartito dea conta do nivel de execución do anterior presuposto, tampouco hai axendada unha data específica para as próximas reunións de negociación con PSOE e non adscritos. César asegurou que estas xuntanza se producirían "nestes días", sen especificar máis e lembrando que o goberno local xa tratou de que se producise o encontro nas primeiras semanas do ano.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
