Postais dende Raxoi
A igrexa de Conxo, memoria e calma viva

A igrexa de Conxo é un dos lugares nos que latexa a emoción da edil Nerea Barcia
Nerea Barcia
A igrexa de Conxo é, para min, un dos recunchos máis queridos de Compostela. Non é só un edificio nin un punto no mapa: é raíz, lembranza e emoción. A miña familia materna é de Conxo e eu pasei parte da miña infancia entre esas rúas, escoitando historias, respirando tempos máis lentos, aprendendo a sentir pertenza. Cada vez que regreso e miro para esta igrexa, algo dentro de min se detén. A calma invade, a emoción aparece sen aviso e o silencio fala cunha forza que non precisa palabras.
As súas paredes gardan máis do que se ve. Gardan vidas, pasos, despedidas e regresos. A luz que entra, sempre distinta segundo a hora do día, debuxa unha paz serena que envolve todo. Hai lugares que ensinan sen leccións escritas, e este é un deles. A igrexa de Conxo pode ser un edificio de ensino: ensina a mirar cara a dentro, a escoitar, a lembrar quen somos e de onde vimos.
Para min é refuxio e é memoria viva. É infancia, familia e identidade. É ese punto ao que sempre se pode volver cando o ruído do mundo pesa demasiado. Conxo segue a ser fogar, e a súa igrexa, un corazón que latexa amodo, ofrecendo calma a quen sabe deterse diante dela e sentir.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago