Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
O edil de Facenda, Manuel César, presenta uns orzamentos de 148 millóns con incremento a 5,6 millóns na recadación de multas

Radar en O Restollal, una de las vías de entrada al centro urbano de Santiago / Jesús Prieto

O concelleiro de Facenda, Manuel César, presentou este luns no Pazo de Raxoi o borrador dos orzamentos para 2026. Uns presupostos cuxa contía total supera os 148 millóns, dous millóns de euros por riba dos aprobados para 2025. Entre os ingresos estimados, unha das previsións que xa provocou as críticas da oposición foi a de 5,6 millóns por recadación de multas. Un tanteo que César afirmou vén realizado dende o departamento de Tráfico, mais que «non ten afán recadatorio, senón de mellora da seguranza viaria». Unha seguridade pola que se velará «pacificando o tráfico e reducindo a velocidade", para cuxo obxectivo se incrementará o número de pasos de peón elevados, tamén o número de radares.
Nesta materia prevese a isntalación dun novo radar no túnel do Hórreo «para poder controlar ambas bocas e ambos sentidos de circulación», explican dende a concellaría de Xan Duro, que ten a responsabilidade de Tráfico. Ademais, poñerase un radar permanente no Restollal (até o de agora alternábase co de Conxo), e prevese un novo fotorroxo para a avenida de Lugo (no tramo entre Concheiros e a SC-20).
«Aínda que é previsible que no primeiro ano de funcionamento destes elementos se produza un importante número de sancións, a experiencia di que os incumprimentos e polo tanto as multas se reducen notablememente nos posteriores exercicios», defenden dende Tráfico. Dende o departamento achegan tamén unha comparativa entre as sancións de fotorroxos de 2019, 1.500, e as de 2024, 890; ao igual que as multas no túnel do Hórreo neses mesmos anos, que pasaron de 3.500 a 770.
Os 5,6 millóns previstos, dúas veces máis que o recadado en 2024, espertaron as dúbidas da oposición, que se queixou da pouca concreción do borrador que lles foi presentado, algo que César negou en rolda de prensa asegurando que a PSOE e concelleiros non adscritos lles entregou «un borrador bastante desagregado», e engadiu que «estamos abertos a solventar calquera dúbida».
César insistiu de enviar en todo caso unha mensaxe en positivo asegurando que cando se implantan este tipo de medidas a recadación é maior pero unha vez a cidadanía é coñecedora redúcese o número de sancións.
Vontade de levar a proposta a pleno no mes de febreiro
O goberno local defende que estes 148.290.346 euros de orzamento están destinados á mellora da mobilidade, dos servizos públicos e da administración local. Igual que a semana pasada fixeron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, o edil de Facenda, Manuel César, reafirmou estes contidos en rolda de prensa, facendo referencia a partidas coma as destinadas ao contrato de transporte urbano, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que ascende neste 2026 a 6.663.586 euros ou á rehabilitación do local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo, que acollerá a Casa dos Maiores, e que está orzamentada no millón de euros.
Pero o certo é que poder executar o orzamento, se conseguen os apoios suficientes para aprobalo, vai depender de cando o borrador se someta á aprobación do pleno. Segundo César «a vontade do goberno local é chegar a acordos e levar a proposta a un pleno en febreiro, co que estaría en vigor para a primavera».

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, nos corredores do Pazo de Raxoi / Jesús Prieto
Con todo, e á vista das pegas que pon a oposición máis afín ao goberno por falta de concreción, e esixindo que o Bipartito dea conta do nivel de execución do anterior presuposto, tampouco hai axendada unha data específica para as próximas reunións de negociación con PSOE e non adscritos. César asegurou que estas xuntanzas se producirían «nestes días», sen especificar máis e lembrando que o goberno local xa tratou de que se producise o encontro nas primeiras semanas do ano.
Case oito de cada dez euros para servizos públicos
O Bipartito defende que as contas que presentan para 2026 teñen «o claro obxectivo de ser un instrumento para implementar políticas para a xente». O edil de Facenda afirmou en Raxoi que se trata «duns orzamentos para mellorar a vida das persoas e construír un lugar máis diverso e igualitario, aumentando as oportunidades para todo o mundo». Nesta liña, case oito de cada dez euros do orzamento están destinados á prestación de servizos públicos e a manter espazos de calidade.
O edil explicou que con este obxectivo os presupostos se destinaran a materias coma Educación, Cultura, Deportes, Centros socioculturais, Transporte e Seguridade, sumando 50 millóns de euros, o 30% do orzamento. En protección social, os orzamentos suman máis de 18 millóns, o 12,2%, e para transformación e mantemento de espazos, o presuposto prevé outros 50 millóns, o 33,8%.
No que ten que ver cos servizos públicos, están contemplados 8 millóns para o transporte urbano, cuxo novo contrato de servizos está en licitación agora mesmo; 4 millóns para a nova depuradora, a EDAR da Silvouta; 2 millóns de euros para o servizo do conserxería e limpeza dos centros escolares; e 3,8 millóns para mantemento e conservación de parques públicos.
Orzamentos do Concello de Santiago 2026
Orzamentos do Concello de Santiago 2026En canto ás políticas sociais, destacan os 1,9 millóns de euros en comedores infantís, 1,1 millón para bolsas de comedor e material escolar ou 1,8 millóns para o novo contrato dos Centros socioculturais. Mentres, no ámbito da transformación urbana e investimentos, o Bipartito salienta a previsión a licitación para rehabilitar a futura Casa dos Maiores, arredor de 316.000 euros para a Factoría Moza en Salgueiriños, e outros 900.000 euros para o colector da Avenida de Lugo. En relación co novo contrato da Escola Municipal de Música, os orzamentos de 2026 inclúen tamén unha partida de 595.500 euros.
O concelleiro Manuel César puxo en valor que unha das prioridades orzamentarias é a da mellora das condicións do persoal municipal, ampliando a dotación de Policía Local e de Bombeiros e repoñendo as xubilacións de funcionarios, 42 en 2025, que neste borrador se incrementan en cinco efectivos máis. Nesta liña mencionou o estudo que está a realizar a USC sobre a valorización dos postos de traballo, para a configuración dunha nova RPT (relación de postos de traballo), que inclúan as gratificacións e complementos específicos do persoal, e para a que agardan contar coa aprobación dos sindicatos.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo