Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 14 de xaneiro, en Santiago?

Ana Moure Rosende

Ana Moure Rosende / Cedida

Santiago de Compostela

Cita con Ana Moure Rosende

A Zona C acolle (18 horas) a conversa Facemos e xa vemos, un encontro coa artista Ana Moure Rosende arredor da súa práctica artística e da instalación Acumulacións dun presente moi pasado. A sesión propón unha reflexión aberta sobre a creación colectiva, a relación co territorio e as formas de convivencia que se constrúen a través da arte contemporánea. Partindo dun proxecto que imaxina futuras paisaxes xeolóxicas formadas polos residuos das marxes urbanas, Ana Moure Rosende afonda nos procesos de investigación, ficción e materialidade que atravesan o seu traballo. A conversa aborda cuestións como a acumulación, a ocultación do que non queremos ver e o destino común dos obxectos.

‘Ghostwatch’ (1992), filme de Lesley Manning

O Cineclube de Compostela abre a súa programación do 2026 cunha sesión dupla formada polos filmes británicos Unha noción da Historia (A Sense of History, 1992), de Mike Leigh, e Vixilia fantasmal (Ghostwatch, 1992), de Lesley Manning. Con eles comeza o ciclo titulado Incríbel, pero mentira, baixo o que se agrupan todas as sesións do mes de xaneiro. A sesión vai ter lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas. A entrada é de balde.

‘Ghostwatch’ (1992), filme de Lesley Manning

‘Ghostwatch’ (1992), filme de Lesley Manning / Cedida

‘Memorias dun neno labrego’, clásico de Xosé Neira Vilas

SALÓN TEATRO. A nova adaptación teatral do clásico de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, dirigida para a compañía pública Centro Dramático Galego (CDG) por Cándido Pazó, leva escenografía de Pablo Giráldez (O Pastor), vestiario de Martina Cambeiro, música de Xosé Lois Romero e iluminación de Afonso Castro. No seu elenco: Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos. Hai función ás 18 horas con entradas desde 6 euros.

‘Memorias dun neno labrego’,  clásico de Xosé Neira Vilas

‘Memorias dun neno labrego’, clásico de Xosé Neira Vilas / Cedida

Libro de Miguel Santos Rego

A Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur da USC acolle este mércores 14, ás 18:30 horas, a presentación do libro El doctorado en Educación. ¿Reproducir o transformar?, cuxa edición corre a cargo do profesor Miguel Santos Rego. O acto de entrada libre estará presidido polo reitor Antonio López Díaz. Este libro aclara e proxecta os desafíos do doutoramento en educación.

Tracking Pixel Contents