Santiago nomea a única inspectora principal da Policía Local en Galicia
Foron nomeados inspectores Sergio Mariño Ruza, José Noya Vázquez, José Luis Castro Eitor e Antonio Malvido Lojo

Sanmartín e Duro, cos novos inspectores da Policía Local. | Cedida
A Policía Local de Santiago conta desde onte coa única muller no posto de inspectora principal de toda Galicia. Trátase de Diana Parente Pampín, que en 2013 xa se convertera na primeira muller oficial na capital galega. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, recibiron á nova inspectora principal e aos novos inspectores que veñen de ser nomeados na Xunta de Goberno celebrada o luns, para desexarlles todos os éxitos nos seus novos cometidos e agradecerlles a súa traxectoria.
Ademais de Diana Parente Pampín, foron nomeados inspectores Sergio Mariño Ruza, José Noya Vázquez, José Luis Castro Eitor e Antonio Malvido Lojo. Todos eles superaron os respectivos procesos selectivos que convoca de maneira unitaria a Academia Galega de Seguridade Pública. Con estes nomeamentos, a Policía Local de Santiago conta agora con catro inspectores principais e cinco inspectores.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo