Os desafíos do doutoramento en educación, a análise nun libro publicado por un profesor da USC
Miguel Ángel Santos Rego presentou 'El doctorado en Educación. ¿Reproducir o Transformar?.', este xoves na Facultade de Ciencias da Educación

Miguel Santos, á esquerda, Román Rodríguez, Antonio López e Mar Lorenzo na presentación do libro. / Santi Alvite
L.R.
Miguel Ángel Santos Rego, catedrático da Universidade de Santiago no departamento de Pedagoxía e Didáctica, presentou este xoves na Facultade de Ciencias da Educación o seu último libro El doctorado en Educación. ¿Reproducir o Transformar?. O acto presidiuno o reitor Antonio López e nel participaron tamén o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo.
Debido á amplitude semántica do campo de actividade investigadora, o doutoramento en educación presenta condicións de certa singularidade epistémica, apreciables tanto nos ámbitos científico como profesional. Isto presenta vantaxes e inconvenientes para unha mellor xestión da complexidade nos centros e institucións educativas das sociedades abertas.

Presentación do libro do profesor da USC, Miguel Ángel Santos Rego. / Santi Alvite
O libro aclara e proxecta os desafíos do doutoramento en educación á mantenta da súa asociación coa importancia de reforzar a innovación, o liderado e a calidade dos procesos que optimizan as competencias das persoas, a base de cambios e transformacións desde a esencial procura de máis e mellor coñecemento.
Miguel Ángel Santos Rego foi vicerreitor de Profesorado da USC e investigador e profesor visitante nas Universidades de Illinois, Johns Hopkins e Texas (EE. UU.). É ademais Premio Nacional de Investigación Educativa e coordinador do grupo de investigación Esculca.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago