Xuntanza da comisión este venres
Guinarte reclama máis informes para decidir a xestión do ciclo da auga de Santiago
O voceiro socialista afirma que o goberno local quere definir o modelo cun debate «baleiro de datos»

Sindo Guinarte, na sala de prensa do Concello de Santiago / Cedida

A comisión creada para decidir o modelo de xestión do ciclo integral da auga, un asunto pendente durante case unha década, reúnese mañá venres. Ante a celebración deste encontro, o voceiro do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, advertiu de que o goberno municipal «pretende avanzar cara a un cambio de modelo sen achegar a documentación técnica imprescindible» para tomar unha decisión.
Guinarte alertou de que os grupos municipais acoden a esta xuntanza cunha «ausencia de informes económicos, xurídicos e técnicos», o que «impide un debate serio e rigoroso sobre unha decisión transcendental para o futuro da cidade». Neste sentido, o voceiro do PSOE critica que «o debate está baleiro de datos», ao entender que non se facilitou información suficiente que permita «avaliar con garantías» as distintas alternativas de xestión.
Nesta liña, o concelleiro socialista explicou tamén que «esixir información non é falta de posición; é ter unha posición de responsabilidade cara o diñeiro público», ao tempo que valorou que «Santiago non pode seguir agardando mentres o contrato segue nun limbo legal». Por todo isto, remarcou que «o Grupo Municipal Socialista está listo para debater, pero sobre realidades e números, non sobre intencións sen concretar».
Informe da Cátedra da Auga
Nunha xuntanza anterior da comisión, a Cátedra da Auga da Universidade da Coruña (UDC) presentou un informe no que se valora as posibles fórmulas para a prestación do servizo e sinala o modelo mixto como «unha resposta equilibrada ao contexto» de Santiago.
Os socialistas tamén destacan que o estudo, que será obxecto de análise na xuntanza do venres, di que «a escolla debe ser o resultado dun proceso indutivo, derivado do contexto técnico, económico e xurídico concreto». A partir desta análise, e «sen base suficiente» para tomar decisións, Guinarte insiste: «Instamos ao goberno a que deixe de dar voltas e presente un proxecto serio».
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago