Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 16 de enero, en Santiago?

Sylvie Lewis, coa súa música en directo, de balde no Camalea

Sylvie Lewis, coa súa música en directo, de balde no Camalea / ECG

Santiago de Compostela

Sylvie Lewis, coa súa música en directo, de balde no Camalea

O Café Camalea (Praza de San Martiño número 4) acolle a partir das 20 horas o concerto da artista británica Sylvie Lewis, que está de xira por España celebrando os seu medio século de vida e o lanzamento do seu novo traballo Lives Wisely (anagrama do seu propio nome). Unha cita coa música desta creadora londinense con media ducia de álbums no mercado e que ademais é de balde, con entrada libre até completar a capacidade do local.

Descubrir o traballo de Pepe Barro na Fundación Didac

Ás 19 horas, a Fundación Didac (Pérez Constanti, 12) inaugura a exposición O arquivo de Barro, unha mostra baseada no arquivo do deseñador galego, Pepe Barro, depositado na fundación dende 2024. Unha oportunidade para coñecer o traballo dun deseñador "cuxo impacto no recoñecemento das formas visuais propias da nosa cultura é indubidable dende os comezos da súa traxectoria". A mostra pode visitarse ata o 24 de abril e estará complementada con conversas, a primeira delas o 22 de xaneiro, na que participará o autor Suso de Toro.

Descubrir o traballo de Pepe Barro na Fundación Didac

Descubrir o traballo de Pepe Barro na Fundación Didac / Cedida

Fernandocosta arranca a súa nova xira en directo na Sala Capitol

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acolle esta noite, a partir das 21.30 horas, o agardado concerto de Fernandocosta, un encontro en directo co seu público que marca o inicio da xira Amor de Barrio Tour. Esta actuación forma parte dun percorrido por varias cidades, como Barcelona, Madrid, Salamanca, Valencia, Bilbao ou Granada. Durante o concerto, o artista presenta en directo o seu novo álbum Amor de Barrio, cuxo lanzamento está previsto para o 30 de maio de 2026.

Fernandocosta arranca a súa nova xira en directo na Sala Capitol

Fernandocosta arranca a súa nova xira en directo na Sala Capitol / Cedida

Memoria coa AC O Galo no CSC do Ensanche

A Asociación Cultural O Galo presenta este serán, ás 20 horas, no Centro sociocultural do Ensanche, a obra monográfica Santiago 1923 / 1936. Recuperación da memoria compostelá que continúa a liña de traballo da entidade e que vai contar coa presenza da edil de Capital cultural, Míriam Louzao, os doutores Xoán Carmona e Ricardo Gurriarán e a crítica Mercedes Rozas.

Tracking Pixel Contents