Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Postais dende Raxoi

Os últimos anos gloriosos da zona histórica

San Paio de Antealtares fotografo polo concelleiro popular Adrián Villa

San Paio de Antealtares fotografo polo concelleiro popular Adrián Villa

Adrián Villa

Santiago

Un recuncho favorito da miña cidade? Non podería ser outro que o lugar onde transcorreu a miña infancia: a travesa de San Paio de Antealtares. Unha rúa que, por moitas veces que suba ou baixe O Preguntoiro, non podo evitar ollar, porque sinto tranquilidade transportándome a unha viaxe ao pasado.

Desde eses balcóns de forxa ollaba a rúa de cativo, a entrada ao convento de San Paio ou a nosa maxestosa Berenguela. E nesa rúa, pouco transitada, foi o lugar onde os cativos que, daquelas viviamos na zona histórica, nos xuntabamos e a empregabamos como parque, substituíndo o verde céspede polo gris empedrado.

Foron os últimos anos gloriosos do noso zona histórica onde convivía o comercio tradicional, que pouco a pouco foi pechando as súas portas, con centos de veciños e veciñas que habitabamos vivendas que hoxe fican baleiras e abandonadas. Todo isto nunha perfecta harmonía con quen nos visitaba, como esencia das orixes do que somos como cidade e, por tanto, como persoas que nacemos no seu corazón.

Aínda transcorrendo a diario por este meu recuncho, o pensamento segue a ser o mesmo: o dunha nova época gloriosa da nosa zona vella. Un lugar onde recuperar esa convivencia entre veciñanza, comercio e comerciantes e os sempre benqueridos turistas chegados de todos los recunchos do mundo.

Tracking Pixel Contents