Preocupación dos socialistas pola ausencia de patrimonio urbano en Fontiñas: «Non falamos de grandes investimentos»
Piden ao goberno de Sanmartín a reposición «inmediata» da escultura de Buciños e a recuperación da placa de Área Central

Marta Abal traslada a preocupación dos e das socialistas pola ausencia de patrimonio urbano no barrio de Fontiñas. / Antonio Hernández

Os socialistas de Compostela trasladan a súa preocupación, «compartida cos veciños e colectivos de Fontiñas» pola ausencia de «dous elementos moi significativos» da memoria urbana no entorno do barrio. Trátase da escultura 'Maternidade,' obra de 1975 de Francisco Buciños, un dos escultores galegos contemporáneos máis destacados, unha peza en bronce que foi retirada para a súa rehabilitación e que hoxe en día «segue sen repoñerse e non hai información sobre o seu estado».
Por outra banda, os socialistas fan referencia á ausencia da placa situada no monolito fronte a Área Central, «que lembraba a inauguración deste espazo tan importante para Santiago».

Monolito no que había unha placa conmemorativa de Área Central. / Cedida
Dende o Grupo Municipal Socialista consideran importante «coidar o patrimonio e a memoria colectiva». Por iso, solicitan ao goberno de Goretti Sanmartín a reposición «inmediata» da escultura de Buciños e a recuperación da placa de Área Central. «Non falamos de grandes investimentos, falamos de facer as cousas ben en Santiago», conclúen.
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
- Rechazo del sector del transporte al preacuerdo con la patronal: ¿Qué pasa con la huelga en Santiago?
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche