Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tellado e Verea reivindican a «alternativa» e «seriedade» do PP

Nun coloquio celebrado onte na sede do PP local, cargan contra a «inutilidade» dos gobernos de Pedro Sánchez e Goretti Sanmartín

(No centro) Miguel Tellado e Borja Verea na sede do PP de Santiago

(No centro) Miguel Tellado e Borja Verea na sede do PP de Santiago / Antonio Hernández

Santiago

A sede do Partido Popular de Santiago celebrou onte un coloquio e mesa redonda co secretario xeral da formación, Miguel Tellado, e mais co seu presidente local, Borja Verea. Un encontro coa militancia que se desenvolveu baixo o título ‘Necesitamos gobernos útiles e decentes’, unha iniciativa incluída no espazo #CompArte.

Miguel Tellado instou na súa intervención a militantes e simpatizantes a «traballar para ofrecer aos cidadáns unha alternativa de esperanza». Afirmou que o PP é o «partido das propostas e non das protestas» e apostou por «converter o aborrecemento e o cabreo que manifestan moitos españois en ilusión por cambiar as cousas e abrir unha nova era». Tellado puxo en valor a honestidade do presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, e mais o «proxecto serio» que reparará «todo o destrozado por Pedro Sánchez».

Na súa intervención, o presidente do PP local, Borja Verea, insistiu na necesidade de termos «gobernos útiles e decentes, en Santiago e en España, porque non os hai e necesitamos que os haxa, porque se non hai gobernos útiles é porque os hai inútiles».

Verea remarcou que esta «inutilidade» do goberno tamén se ve en Compostela, «algo que vemos desde que poñemos un pé na rúa e é importante non olvidar que son o mesmo e que se necesitan para sobrevivir». «O BNG retén a alcaldía de Santiago grazas ao Partido Socialista, Goretti Sanmartín está aí sentada porque lle deixa Pedro Sánchez». O líder do PP local denunciou que a «inutilidade» da que adoece o goberno bipartito «non se recorda nesta cidade».

«Nada funciona, todo funciona peor», e preguntouse «que fixeron nestes tres anos?», para denunciar que se manifestaran por última vez no Obradoiro «para defender a Nicolás Maduro». Aproveitou tamén o líder do PP para denunciar o número de asesores do goberno de Sanmartín, chamándolle ao seu executivo «axencia de colocación». «Perden o goberno do BNG en Ribeira e, en 24 horas, un dos edís está contratado no Concello de Santiago, falamos de dous millóns de euros ao ano neste chiringuito».

Recadación de multas

O líder do PP local non deixou de facer referencia a un aspecto do borrador dos orzamentos de 2026, que prevé entre outras cousas recadar 5,6 millóns de euros a través de sancións de tráfico. «Acabades de ver que a medida estrela do orzamento é multiplicar por dúas a recadación de multas, encher a cidade de radares e de multamóbiles para achicharrar a xente e poder pagar todo este despilfarro no que están a converter a cidade».

Tracking Pixel Contents