Verea pide medidas urxentes ante a «perda de visitantes» en Santiago
O goberno de BNG e CA está desfacendo a industria turística de Compostela», sinala o portavoz do grupo municipal popular

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o presidente do PP de Santiago, Borja Verea, mantiveron un encontro con trinta hoteleiros e hostaleiros. / Cedida
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o presidente do PP de Santiago, Borja Verea, mantiveron un encontro con 30 hoteleiros e hostaleiros, co fin de «analizar, polo miúdo, os retos turísticos aos que se enfronta a capital de Galicia». Verea incidiu «na necesidade da posta en marcha de medidas urxentes de apoio á industria turística compostelá».
«Nós queremos mellorar a industria turística e ter máis visitantes, porque defendemos o noso, somos unha cidade que naceu hai mil anos para recibir xente, ese é o noso ADN, polo que insistimos que, á vista dos malos datos turísticos que seguen sumándose, reclamámoslle ao goberno nacionalista que reaccione con medidas urxentes», engadiu o portavoz municial popular, que cualificou de «nefastas» as políticas que está a levar a cabo o goberno de BNG e CA «para o sector turístico e para a cidade». E como exemplo citou «o peche temporal, por primeira vez na historia, do AC del Carmen, hotel de 5 estrelas pertencente a unha gran cadea internacional».
O tamén deputado autonómico sinalou «o goteo incesante de perda de viaxeiros», baixando, dixo, «a ocupación hoteleira e rexistrando as peores cifras dos últimos cinco anos». «Queda claro que Goretti Sanmartín non quere nin industria nin visitantes, nin nada que xere riqueza na nosa cidade», afirmou Verea.
O edil popular remarcou que «o goberno de BNG e CA está conseguindo algo que ninguén pensaba que podería ocorrer». «Están desfacendo a industria turística de Santiago, un sector que parecía inquebrantable, o que está facendo moito dano a Compostela, polo que queda demostrado que a cidade lles importa ben pouco», engadiu o portavoz municipal do PP.
Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia amosou a súa «preocupación polo descenso da ocupación hoteleira en Santiago», debido, sinalou, «fundamentalmente á falta dunha oferta complementaria que atraia visitantes todos os meses do ano». Xosé Manuel Merelles indicou que «o último mes no que medrou a ocupación foi xuño, cando se celebrou O Son do Camiño».
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo