Alba Nogueira pide a Raxoi que o Consorcio rehabilite edificios da Universidade
A alcaldesa de Santiago reúnese esta semana coas candidatas á Reitoría da USC

A alcaldesa e a candidata á Reitoría da Universidade de Santiago, no encontro en Raxoi. / Cedida
Redacción
Dentro da rolda de encontros que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ten previsto manter esta semana coas candidatas á Reitoría da Universidade de Santiago, Alba Nogueira considerou que o Consorcio debería involucrarse na rehabilitación de edificios da USC.
Nunha reunión no consistorio municipal, a aspirante a suceder ao rector Antonio López analizou coa rexidora municipal diferentes iniciativas co obxectivo de fortalecer a relación estratéxica da USC co Concello para mellorar as necesidades de aloxamento e de mobilidade. Medidas que ten incorporadas no seu programa electoral.
«Como reitora pularei por unha Universidade activa e comprometida coa súa contorna, queremos que o modelo camiñable e con pacificación do tráfico inclúa os campus da USC», explicou Alba Nogueira logo da xuntanza con Sanmartín, á que asistiu acompañada polo profesor de Historia Contemporánea Daniel Lanero.
Impulso da vida universitaria
Considerou que é preciso mellorar a articulación dos campus coa cidade de Santiago mediante un plan de mantemento, de sinalización e de humanización para dotalos de vida universitaria.
No encontro, presentoulle á alcaldesa a proposta de vincular o Consorcio de Santiago en actividades e na rehabilitación de inmobles da entidade académica. «Tamén buscamos unha implicación decidida das tres administracións do Consorcio na rehabilitación dos edificios históricos da Universidade», dixo a candidata. Para Alba Nogueira é fundamental poder negociar unha liña de financiamento específica para a rehabilitación e mantemento do patrimonio histórico-artístico que atesoura a USC, así como chegar a acordos cos concellos e tamén coa Igrexa para realizar obras de rehabilitación en grandes espazos infrautilizados, pensando en destinalos a residencias universitarias.
Outra das medidas do seu programa é estudar o uso compartido de infraestruturas universitarias, como auditorios e pistas deportivas, para que poidan abrirse á veciñanza de Santiago.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago