O PSOE de Santiago denuncia o «pasotismo e desleixo» do edil Xan Duro
Alerta de que o persoal dos centros socioculturais acumula xa catro meses sen cobrar a súa nómina

Marta Abal, entre Duro e Guinarte / CEDIDA
O Grupo Municipal Socialista levará ao vindeiro pleno municipal unha interpelación sobre a situación dos centros socioculturais porque, segundo manifestou a concelleira Marta Abal, «hoxe, máis que nunca, son necesarias respostas claras e concretas ante o pasotismo e o desleixo do goberno municipal e do concelleiro responsable, Xan Duro». «Hai que dicilo alto e claro: están a vulnerarse os dereitos das traballadoras e traballadores, pero tamén os das persoas usuarias dos centros», sostén a concelleira.
«O persoal acumula xa catro pagas sen cobrar, e todo indica que a nómina do mes de xaneiro seguirá o mesmo camiño. A día de hoxe, non saben cando van cobrar nin sequera se van cobrar. Trátase dunha situación absolutamente inaceptable», afirma Abal. A esta situación, indica a concelleira, engádese o perxuízo directo para as persoas usuarias.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo