Axenda cultural: Que facer hoxe, 21 de xaneiro, en Santiago?

Cinema comentado arredor da obra de Carlos Pazos / Cedida
Cinema comentado arredor da obra de Carlos Pazos
No marco da exposición Nicasso, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira das sesións de cinema comentado dedicada á obra de Carlos Pazos. Ás 18.30 horas proxéctase Art¡ss!mo (2015), unha película-colaxe que analiza a figura do artista "no imaxinario do cine comercial e a súa influencia na consideración social da arte e dos seus creadores e creadoras". A sesión vai contar coa presenza do propio Carlos Pazos, acompañado polo comisario da mostra e profesor de Historia da Arte Pedro de Llano Neira.
Segundo debate do Premio de Novela Europea do Casino
Ás 18.30 horas, a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés acolle o segundo debate da XIX edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. Una familia moderna, de Helga Flatland, vai ser a novela analizada no coloquio moderado por Loli Sans. A obra achega "unha mirada lúcida e sensible ás relacións familiares contemporáneas", e a autora é unha das escritoras máis recoñecidas do seu país (Noruega), varias veces galardoada. A entrada é libre e de balde até completar a capacidade da sala.

Segundo debate do Premio de Novela Europea do Casino / Cedida
‘Memorias dun neno labrego’
Ás 18 horas regresa ás táboas do Salón Teatro –Rúa Nova, 34– o clásico da literatura galega escrito por Xosé Neira Vilas. Mediante a coprodución de Contraproducións e o Centro Dramático Galego adáptase a historia de Balbino, «un rapas da aldea, coma quen dis un ninguén». Baixo a dirección de Cándido Pazó saen a escena Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos. As entradas (ataquilla.com) son a 10 euros.

‘Memorias dun neno labrego’ / Cedida
Noite de foliada en Crechas e no Modus Vivendi
A zona vella compostelá vístese esta noite de foliada con dúas sesións ás 22 horas en dous dos pub máis emblemáticos da cidade. No Modus Vivendi -Praza de Feixó, 1-, A 8M convida o público xeral a levar os seus instrumentos e a bailar, todo de balde. Na Casa das Crechas -Vía Sacra, 3-, a Banda das Crechas é a protagonista, con entradas a 2 euros.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago