Máis alá da «furia»: xornalismo en diálogo continuo co lector
Enric Juliana recibe o Premio de Ensaio Casino e diserta no local da Rúa do Vilar sobre os temas máis relevantes da política actual

A alcaldesa Goretti Sanmartín e o xornalista Enric Juliana no Casino / Antonio Hernández

España: o pacto e a furia é o título do ensaio do xornalista Enric Juliana, adxunto á dirección de La Vanguardia, gañador do Premio de Ensaio Casino de Santiago. Un galardón que se entregou este martes no local da Rúa do Vilar, das mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do presidente da asociación, Ubaldo Rueda. Nun evento que contou coa disertación de Enric Juliana sobre temas de actualidade, presentado por un colega de profesión, o xornalista Lois Caeiro.
O galardón a Juliana insírese no marco do proxecto Pensar Europa, pensar o Mundo desde Compostela, pese a que a actualidade internacional difuminou a perspectiva compostelá, ou non, entendendo que a visión picheleira é a dunha metade do mundo que sente a actualidade coma o Libro do desasosego, do portugués Fernando Pessoa, como ben lembrou Enric Juliana no Casino.
Alén de disertar sobre cuestións da política internacional, coma os atentados do 11 -S en Nova York ou a posterior invasión estadounidense de Afganistán, o cronista reivindicou o xornalismo como «diálogo continuo co lector» e defendeu que esta profesión «pode debuxar liñas» de interpretación e valoración sobre as situacións que se están a vivir.
Coma o secuestro do ‘ditador’ venezolano Nicolás Maduro coa conseguinte intervención estadounidense no país caribeño ou o acoso para a compra de Groenlandia (pertencente a Dinamarca). «En Trump está a vinganza de Nixon», proclamou Juliana. Falaba así o xornalista catalán en relación a todo aquilo que o ex presidente dos Estados Unidos –Nixon, o primeiro presidente en dimitir do seu cargo por causa do escándalo Watergate– non puido chegar a facer.
Falaba así Enric Juliana do reparto das zonas de influencia do planeta, con Rusia na actualidade espreitando –máis alá do ataque a Ucraína– e China como principal inimigo da hexemonía norteamericana, e mesmo europea, en materia económica e tecnolóxica. Pero tamén afondaba o xornalista nas crises da política estatal. E por todo isto recomendaba «ter na casa, á parte do kit de supervivencia, a estratexia de seguridade nacional dos Estados Unidos».
Tamén a actualidade estatal tivo o seu oco na disertación de Enric Juliana no Casino de Santiago e no posterior coloquio. A polarización saiu unha vez máis á palestra pero tamén tivo o seu momento a solidariedade, coa traxedia do accidente ferroviario de Córdoba, tan semellante ao acontecido vai a haber 13 anos na parroquia compostelá de Angrois. Polas vítimas do accidente e Adamuz gardouse, ao inicio do evento, un minuto de silencio.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo