Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eleccións ao reitorado

Maite Flores pide a Sanmartín máis coordinación entre USC e Raxoi

A candidata a reitora mantivo un encontro coa alcaldesa de Santiago

Flores e Sanmarín, durante a xuntanza celebrada este mércores

Flores e Sanmarín, durante a xuntanza celebrada este mércores / Cedida

Santiago

A candidata a reitora da USC, Maite Flores, reuniuse este mércores coa alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, para tratar problemas comúns que atinxen á cidade e á universidade: vivenda estudantil, medios de transporte, mantemento dos Campus, axenda cultural ou conservación do patrimonio histórico.

Flores e Sanmartín coincidiron en varias diagnoses, pero a candidata á reitoría trasladoulle á máxima autoridade compostelá a necesidade dunha maior coordinación institucional á hora de afrontar eses problemas, para o que mostra a súa "absoluta disposición" a colaborar se sae vencedora das eleccións.

Flores asegura que leva "traballo adiantado" ao indicar que xa ten o compromiso de fondos para levar adiante a rehabilitación integral do Auditorio, "edificio icónico e básico" na vida cultural da USC e da cidade de Santiago.

Sanmartín celebrou xuntanzas esta semana tamén coas candidatas Rosa Crujeiras e Alba Nogueira, e nos próximos días completará esta rolda de contactos coa outra aspirante, María José López Couso.

Tracking Pixel Contents