Axenda cultural: Que facer hoxe, 22 de xaneiro, en Santiago?

Dupla presentación en Numax / Cedida
Dupla presentación en Numax
A libraría da rúa Concepción Arenal (número 9) acolle esta tarde, ás 19.30 horas, a «copresentación» dos libros Amor palimpsesta, de Helena Salgueiro, e Mundo carne, de Branca Trigo. Un evento que leva por título Restos de letra e carne: memoria, creación e materia poética. A entrada é libre.
Homenaxe da RAGC ao profesor e académico José A. Redondo
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Santiago (USC) celebran esta mañá (ás 12 horas) un acto in memoriam do académico José Antonio Redondo López, falecido o pasado mes de xuño. O evento vai ter lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, no Campus Norte, onde o homenaxeado foi vicedecano e profesor, ademais de ser conselleiro maior do Consello de Contas. No acto vai intervir o actual reitor da universidade, Antonio López.

Homenaxe da RAGC ao profesor e académico José A. Redondo / Suso Rivas
Kaufmann e ‘The sound of movies’ nos cines Compostela
As 18 horas os Multicines Compostela acollen a estrea de The sound of movies, unha homenaxe do tenor alemán Jonas Kaufmann ás bandas sonoras máis icónicas da historia do cinema. Gravado dende a Sala Smetana de Praga, o recital percorre oitenta anos de historia cinematográfica con 17 grandes éxitos de compositores lendarios coma: John Williams, Nino Rota, Hans Zimmer ou Max Steiner, entre outros. Entre as películas que integran esta particular homenaxe do tenor hai clásicos tan recoñecibles coma Love story.

Kaufmann e ‘The sound of movies’ nos cines Compostela / O tenor Jonas Kaufman
Celebrar o universo de Ravel coa RFG
Impresións nocturnas é o título do concerto co que a Real Filharmonía de Galicia celebra "o universo sonoro" do compositor Maurice Ravel. Unha proposta dirixida por Johanna Malangré e coa pianista Alexandra Dariescu como solista que percorre a obra do francés mais tamén estrea recurrance, de Lula Romero. O concerto é ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia.
Jazz e jam sessions para pasar esta noite
As jam sessions e a música jazz fanse esta noite coa cidade vella compostelá. Ás 21 horas, a Casa das Crechas (Vía Sacra, 3) acolle Swing & Manouche Jam Session, a cargo da Low Bay Hot Band, con entradas a 6 euros. Á mesma hora no Modus Vivendi (Praza de Feixó, 1) comeza o primeiro pase de Daydream Sessions, con entradas a 3 euros. O segundo pase terá lugar a partir das 22.15 horas.
Compilación de relatos na Libraría Couceiro
Román Gutiérrez da Silva estrea, ás 19 horas na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) un libro no que recompila 30 relatos publicados durante mais de dous anos na revista Cannabis magazine, e titula a compilación Guardo una botella de vino para los días de lluvia. Publica a editorial andaluza Promethea.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo