Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE denuncia "a falta de avances" na rehabilitación da cuberta da escola de Tras Parlamento

Os socialistas preguntarán no próximo pleno por esta situación, e lembrar que a reparación estaba prevista para o pasado verán

A concelleira socialista Marta Abal xunto ao voceiro do grupo, Sindo Guinarte

A concelleira socialista Marta Abal xunto ao voceiro do grupo, Sindo Guinarte / CEDIDA

Santiago

O Grupo Municipal Socialista denunciou este xoves "a falta de avances" na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento, "unha infraestrutura educativa que presenta filtracións de auga e que require unha intervención urxente", lembraba a concelleira Marta Abal.

Por esta razón, os socialistas de Raxoi levarán ao vindeiro pleno unha pregunta para que o goberno local explique a que se debe a demora na solución destas "filtracións nun centro educativo fundamental para Santiago".

A edil lembrou no seu comunicado á prensa que "no pleno municipal de xullo de 2024 aprobouse unha moción do PSOE para arranxar esta infraestrutura e, nese debate, o propio goberno recoñeceu a gravidade da situación".

Nesa altura, lembra Marta Abal que a concelleira de Educación, Míriam Louzao, alén de recoñecer a urxencia da obra "anunciou unha partida de 176.000 euros e comprometeu a execución da obra para o verán de 2025". "A día de hoxe ese compromiso está sen cumprir", denuncia a socialista.

Tracking Pixel Contents