Verea critica a proposta de Raxoi en Fitur: "queren turismo de congresos pero a situación dos taxis é lamentable"
O líder do PP local insiste en que o goberno local "vén a Madrid a dicir que, en Santiago, os visitantes nos molestan"

O líder do PP local, Borja Verea, nunha comparecencia na sala de prensa de Raxoi / CEDIDA
O líder do PP de Santiago, Borja Verea, destacou este xoves dende Madrid durante a súa participación na promoción de Santiago na Feira Internacional de Turismos (Fitur), que, “nos dous últimos anos a presenza do goberno de BNG e Goretti Sanmartín en Fitur está a ser de vergoña allea, vemos 12 pavillóns, centos de cidades e países que queren abrirse ao mundo, mentres Goretti Sanmartín e o BNG veñen ata Madrid a dicir que, en Santiago, os visitantes nos molestan”.
O tamén deputado do PP lembrou que, nesta edición de Fitur, “o goberno de BNG e CA vén a dicir que quere máis congresos, pero o que non din é a lamentable situación dos taxis en Santiago, a dos autobuses e que, neste mes de xaneiro, conseguiron, incluso, que peche un dos principais hoteis da cidade, isto fai evidente que, como en todo, con este goberno nada funciona, con Goretti Sanmartín todo funciona peor".
“A realidade é teimuda", criticou Verea para apuntar que "os resultados están aí, un verán cos peores datos dende a pandemia; cun aeroporto que rexistrou medio millón de pasaxeiros menos; e sendo a capital de Galicia a única cidade que perde ocupación hoteleira dende o mes de xuño”.
Nas súas declaracións, Verea subliñou que “o goberno nacionalista de Santiago está destruíndo ata o que parecía imposible, a nosa industria turística, un sector que contaba cunha gran fortaleza, pero que as políticas do BNG, nos últimos anos, o está debilitando a un ritmo alarmante”.
Finalmente, Borja Verea insistiu en que “nós queremos unha cidade aberta ao mundo e cosmopolita, o BNG e Goretti Sanmartín todo o contrario, queren unha cidade illada e endogámica”.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago