Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ELECCIÓNS AO REITORADO DA USC

López Couso propón á alcaldesa de Santiago a apertura á sociedade compostelá de espazos "singulares" da USC

A candidata ao Reitorado da USC reuniuse este xoves con Goretti Sanmartín no Pazo de Raxoi

Encontro entre a candidata a reitora da USC, María José López Couso, e a alcaldesa de Santiago, en Raxoi.

Encontro entre a candidata a reitora da USC, María José López Couso, e a alcaldesa de Santiago, en Raxoi. / Cedida

ECG

Santiago

Traballar polos espazos compartidos entre a cidade e a universidade, promovendo a apertura á sociedade compostelá de numerosos espazos "moitos singulares" da USC. Esta foi unha das demandas que trasladou a candidata ao Reitorado, María José López Couso, á alcaldesa de Santiago nun encontro mantido este xoves no Pazo de Raxoi. Na reunión tamén participou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás e Pilar Murias e Javier Rico,como membros do equipo da candidatura.

Ademais, a candidata destacou a necesidade de visibilizar e estruturar a colaboración existente entre Concello e universidade, especialmente en áreas como Cultura, Igualdade ou Deporte, asegurando que estas liñas de actuación se manteñan no tempo. María José López Couso subliñou que «se á Universidade lle vai ben á cidade vaille ben, e viceversa», facendo fincapé na necesidade de fortalecer as relacións entre ambas institucións.

O reto de manter e potenciar a estrutura residencial da USC

Durante a reunión, a alcaldesa e o concelleiro insistiron na importancia da vivenda como elemento clave para atraer e fixar estudantado en Santiago. López Couso sinalou que este é «un dos grandes retos», xunto co de manter e potenciar a estrutura residencial da USC, «dotándoa dun financiamento propio que permita paliar o deterioro das infraestruturas residenciais, unha das liñas marco do seu programa».

Tracking Pixel Contents