Unha app para descubrir o ecosistema científico de Santiago
Inxenius foi elaborada por mozos de entre 16 e 30 anos que participaron no último obradoiro de emprego do Concello e a Xunta

Rozas e Couce, en primeiro termo, na clausura do obradoiro de Emprego / Cedida
Dispoñible xa en IOS e Android, Compostela conta cunha nova app que permite descubrir o ecosistema investigador e científico da cidade. Inxenius é froito do traballo do obradoiro de emprego Genius, que no último ano permitiu que 16 mozos e mozas menores de 30 anos se formaran nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e produtos audiovisuais multimedia interactivos.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou onte o obradoiro. Durante o acto agradeceu o traballo das persoas participantes «que nos permite reivindicar esa Compostela que ás veces pasa máis desapercibida, que é a da ciencia, a da diversidade económica e a da Universidade da que nos sentimos profundamente orgullosas». A tenenta de alcaldesa mostrou tamén o seu desexo de que o obradoiro «permitira que os mozos e mozas participantes abriran novas fiestras no mercado laboral, nun ámbito de enorme proxección como é o das tecnoloxías da realidade aumentada».
Outros obradoiros de emprego
Por último, a concelleira puxo en valor a colaboración entre a Xunta e o Concello nos diferentes obradoiros de emprego «que nos teñen permitido desenvolver outras interesantes APPs, pero tamén recuperar espazos verdes para a veciñanza como o Banquete de Conxo, o parque do Berce do Sar ou o Sesteadoiro do Pedroso». Na mesma liña pronunciouse o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, Juan José Couce, que participou tamén na clausura do obradoiro e a entrega de diplomas.
A app Inxenius é de descarga gratuíta e pretende visibilizar o talento investigador local e fortalecer o papel de Santiago como polo de atracción de talento, poñendo o foco na Universidade de Santiago e nos seus institutos e centros singulares de investigación. A aplicación invita ás persoas usuarias a descubrir o ecosistema científico gracias a un acompañante virtual que vai mostrando os centros históricos, os institutos de investigación e os centros singulares da Universidade de Santiago.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo