As claves dos non adscritos para negociar os orzamentos
Esixen ao goberno local que dea conta no pleno da execución dos acordos suscritos até agora

Os concelleiros non adscritos Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños / CEDIDA

Os concelleiros non adscritos Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón compareceron este venres en rolda de prensa para comunicar a súa intención de levar ao pleno de xaneiro unha serie de puntos destinados a que o goberno local dea conta do estado de cumprimento dos acordos de orzamentos que no que vai de lexislatura contaron co apoio dos edís non adscritos.
Muíños e Rosón aseguraron que o grupo quere a partir de aí comezar a negociación para os orzamentos de 2026 pero Muíños tamén criticou que a pesar de teren «toda a disposición para negociar, é difícil xustificar que o primeiro borrador de orzamentos chegue en xaneiro». E lembrou a actitude da alcaldesa, Goretti Sanmartín, cando era membro da oposición e solicitaba o documento «en agosto ou setembro» (a lexislación indica que o borrador se debe presentar no mes de outubro).
Logo de recordar que a súa «liña vermella» na negociación é «a instalación de radares con fins recadatorios», os non adscritos enumeraron algúns dos temas sobre os que queren rendición de contas, entre eles, a constitución da empresa municipal de vivenda, a «execución real dos investimentos comprometidos para o rural». Lembran que o Pacto polo Rural comprometía que o 1,5% do orzamento fora destinado a actuacións nas parroquias de Santiago, algo contemplado nas contas do 2025 pero que, agora, reclaman coñecer o seu alcance real. Critican que nas reunións mantidas ata agora co executivo de Sanmartín pediron un avance da liquidación dos orzamentos neste sentido pero “aínda a día de hoxe, non nola facilitaron”.
Levarán a pleno tamén a licitación para crear o complexo deportivo de Santa Marta ou a xestión do ciclo integral da auga.
En materia de infraestruturas pedirán contas polo retraso na licitación das obras da Casa das Persoas Maiores, e recordan que o anterior goberno local conseguira a cesión por 25 anos do antigo local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo: “unha cesión que xa minguou a 22 anos polos tres que o goberno local leva consumidos para licitar as súas obras”.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo