Santiago
Abre o prazo para inscribirse no desfile-concurso do Entroido de Santiago
A contía dos premios aumenta de 14.000 a 16.000 euros en total

Desfile de Entroido do 2025 en Santiago / Antonio Hernández
O Concello de Santiago acaba de abrir o prazo para inscribirse no desfile-concurso do Entroido. Ata o 30 de xaneiro todas as persoas interesadas poderán presentar a súa inscrición a través da sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente.
Entre as novidades deste ano, destaca a suba da contía dos premios, que pasan de 14.000 a 16.000 euros en total. O maior incremento dáse nas comparsas do Concello de Santiago, que por primeira vez equipara os primeiros premios ás que veñen chegadas doutros lugares. O premio á mellor comparsa é de 1.600 euros.
Novos premios
Outra novidade é a creación dun 4ª premio, dotado con 700 euros. Ademais, na categoría de carrozas, a mellor será premiada con 2.000 euros. O mellor disfraz de grupo está dotado con 700 euros e con 300 o individual e o de parella. Tamén é nova este ano a creación dunha categoría para recoñecer os disfraces dos centros de ensino, con 2 premios: un primeiro de 500 euros e un segundo de 300.
Os criterios de valoración do concurso serán apreciados por un xurado e terán en conta deseño, composición, colorido, investigación, orixinalidade e imaxinación, posta en escena, coreografía e harmonía.
Martes 17 ás 17.30 horas
O desfile terá lugar o martes 17 de febreiro e comezará ás 17.30 horas na Avenida de Ferrol, dende onde avanzará polas rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoán Carlos I.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo