Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Moción conxunta da esquerda de Santiago en apoio á manifestación de SOS Sanidade Pública

BNG, CA, PSOE e non adscritos respaldan a marcha do próximo 1 de febreiro

Xuntanza da plataforma cos grupos da Corporación de Santiago

Xuntanza da plataforma cos grupos da Corporación de Santiago / Cedida

Santiago

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta, PSOE e os concelleiros non adscritos defenderán no pleno de xaneiro da Corporación de Santiago unha moción conxunta en apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública que terá lugar o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda e rematará na Praza do Obradoiro.

Con esta acción, a plataforma quere denunciar que a Xunta de Galicia «leva anos impulsando unha política sanitaria que está a provocar un deterioro progresivo do Sistema Sanitario Público Galego, abrindo a porta á privatización e á consolidación dun modelo dual no que o acceso á atención sanitaria depende cada vez máis do nivel de renda».

Tracking Pixel Contents