Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural

Que facer hoxe, 26 de enero, en Santiago: ‘Sirat’, o filme de Óliver Laxe candidato ao Oscar, nos Multicines Compostela

No Ateneo haberá un debate sobre o tratamento mediático e político da guerra en Gaza

Unha escena do filme 'Sirat'

Unha escena do filme 'Sirat' / E.P.

El Correo Gallego

Para quen aínda non vise a última película de Óliver Laxe, os Multicines Compostela ofrecen unha posibilidade. Sirat está en carteleira ás 20 horas en versión orixinal. Un filme protagonizado por un home (Sergi López) e polo seu fillo (Bruno Núñez), que chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Busca persoal e emocional con techno de música de fondo, candidata a emocionar e tamén ao Oscar 2026.

‘Gaza, un xenocidio televisado’, a debate no Luns do Ateneo

CONFERENCIA . O Ateneo de Santiago celebra ás 19.30 horas, unha nova conferencia do seu ciclo Os Luns do Ateneo na rúa do Vilar, 19. O encontro leva por título Gaza: un xenocidio televisado e estará impartido por Mohamed Safa, médico e escritor de orixe palestina. A conferencia será tamén retransmitida en directo a través da web ateneodesantiago.gal e na canle de YouTube do Ateneo. O encontró propón unha reflexión crítica sobre o tratamento mediático e político da guerra en Gaza, así como sobre as consecuencias humanas do xenocidio no territorio palestino.

O médico Mohamed Safa fala hoxe no Ateneo

O médico Mohamed Safa fala hoxe no Ateneo / Cedida

Sesión dobre de ‘Crisálida’ de Caramuxo no Teatro Principal

TEATRO . Crisálida é un espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia de máscaras sen texto que pon en valor «a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado». Unha homenaxe ao comercio de proximidade, de barrio, e unha chamada a recuperar os valores da convivencia e a comunidade. A peza mereceu o Premio María Casares 2024 a mellor espectáculo para público familiar. Represéntase ás 10 e ás 12 horas no Teatro Principal compostelán.

O Castelo de Soutomaior en San Roque

MOSTRA . O Pazo de San Roque (no número 2 da rúa de San Roque), acolle ás 12.30 horas a inauguración da exposición Os nosos castelos: Soutomaior. O Castelo e a súa liñaxe. Unha mostra que consta de máis dunha ducia de paneis que abordan o espazo señorial ou a evolución arquitectónica da fortaleza. Coa mostra hai actividades complementarias e un concurso de debuxo.

Tracking Pixel Contents