Entrevista | Santiago Cortegoso Actor de Ibuprofeno Teatro
Santiago Cortegoso, actor: «‘Reconversión’ ten unha parte íntima e outra onde o público ri»
Autor dunha obra que chega ao Teatro Principal os días 29 e 30 de xaneiro, bebe da experiencia do seu pai, traballador en Ascón

Santiago Cortegoso e Cristina Collazo en ‘Reconversión’ / Diego Seixo

A ferida no sector naval na Ría de Vigo nos anos 80 é a semente de Santiago Cortegoso para fiar Reconversión, obra de Ibuprofeno Teatro baseada na vida do seu pai como traballador no estaleiro Ascón.
Chega os días 29 e 30 de xaneiro ao Teatro Principal (entradas: 12 euros) de Santiago. Completan o elenco: Artur Abad, Cristina Collazo (a quen suple en Compostela Graciela Carlos) César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos, intérpretes que asumen ademais a música que puntúa en directo esta obra dura non exenta de cadros con sorriso.
Riscos
Neste tempo de teatro, é unha boa nova ter a oportunidade de descubrir unha montaxe con oito persoas. Risco, non?
A verdade é que non se fan moitos espectáculos con este formato porque o sistema está moi complicado, hai moi poucos cartos na programación e é moi difícil mover un espectáculo tan grande. E neste caso, tamén hai risco artístico porque hai coros, música en directo... É un proxecto con moito risco polo investimento que fas e porque é ambicioso e moi exixente co reparto e o traballo de todo o equipo xa que aparte dos 8 actores hai 12 colaboradores, e foi un traballo moi duro.
Ten de bo que o director ten máis capacidade de facer cousas.
Claro. Primeiro dá un pouco de medo aínda que tes ilusión pero xa cando te metes é un traballo moi bonito onde hai coros, música en directo, ensaias todo iso e a cousa vai evolucionando... E cando tes un reto tan exixente logo a satisfacción é maior porque Reconversión é un proxecto especial.
Historia real con elementos de ficción
Que pediu ao elenco?
É unha obra moi autobiográfica porque conta as manifestacións da reconversión industrial na Ría de Vigo, neste caso falando de como pechou Ascón, co despedimento de 1.600 traballadores, e se conta a través da vida do meu pai, despedido no ano 1984. Eu fago de min mesmo como autor teatral falando do seu pai e na obra xúntase o documento histórico, a testemuña dunha época, pero tamén como unha historia íntima da relación dunha persoa co seu pai... Entrevistei a sindicalistas que estaban nas mobilizacións, falei coa miña familia para investigar e logo crear unha obra que está baseada nunha historia real pero que ten certos elementos de ficción porque é toda unha construción dramatúrxica a partir deses feitos reais e tamén da miña investigación e labor de documentación... En Vigo a xente identifícase moito coa obra pero noutros lugares tamén porque viviron procesos similares, hai unha expansión industrial, grande, iso pecha, e as consecuencias para as familias son terribles, non? E a obra intenta meter o dedo niso, e ten un punto como universal.
Parodia de Felipe González
Que reaccións atopan logo das representacións previas?
A obra está funcionando moi ben. Está tendo moitas funcións tendo en conta o que é, un espectáculo deste formato, e o público ri moito, algo buscado porque os personaxes históricos que saen, Franco, Felipe González... están presentados dunha forma moi paródica, cun ton moi de entroido, de disfrazarse , un pouco choqueiro... E en toda esa parte da obra, o público ri moitísimo, sobre todo na primeira parte da función, pero cando veñen os momentos difíciles de drama social tamén reacciona moi ben porque hai moito silencio e chegan comentarios de que é como unha montaña rusa de emocións. Para min foi unha experiencia vital moi forte e estou moi contento e satisfeito porque está indo todo ben e a obra está funcionando.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago