Santiago
Verea proporá no pleno que se retiren todos os radares de Conxo
O voceiro do PP afirma que a súa presenza ten un afán «recadatorio»

Borja Verea, voceiro do PP de Santiago / Cedida
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, proporá no pleno municipal do próximo xoves que se retiren todos os radares de Conxo, xa que «fronte ao goberno de BNG e CA, que queren poñer máis radares, nós queremos todo o contrario, quitar os radares de Conxo». O voceiro do PP considera que a presenza destes dispositivos é unha medida «recadatoria» cunha previsión de ingresos de máis de 5 millóns de euros, mentres que a súa formación aposta por «reducir impostos e recadación por multas».
Así, cuestionou que se opte por esta vía «sen que se tomen medidas para moderar a velocidade nestas vías de acceso á cidade». Ademais, lembrou que «hai uns días, o goberno de BNG e CA fixo público que estamos ante un dos mellores anos en materia de seguridade vial», polo que considera un «paradoxo» poñer máis radares. «Por que o fan?», preguntouse. «Se non fose para sablear aos cidadáns, a solución sería moi sinxela: baixar impostos como o IBI na mesma cantidade que incrementan as multas», estimou.
O voceiro do PP achacou a medida a que «alguén ten que pagar a festa, alguén ten que financiar este despilfarro, estamos ante o único goberno de todas os cores políticas, de cidades, Xunta de Galicia ou de deputacións que nada mais tomar posesión multiplicou por dous o numero de asesores e directivos, con soldos de 75.000 euros e isto hai que pagalo, estamos falando de millóns de euros».
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo