Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Abal advirte da perda de axudas pola «mala xestión» de Sanmartín

Alerta de que a conta xeral do 2024 segue sen remitirse pese a estar aprobada no pleno

A concelleira socialista Marta Abal

A concelleira socialista Marta Abal / Cedida

Santiago

O Grupo Municipal Socialista advertiu onte dunha «nova mostra da mala xestión económica» do goberno de Goretti Sanmartín, ao comprobar que o Concello de Santiago aínda non remitiu ao Consello de Contas a Conta Xeral correspondente a 2024.

Así, indican que a documentación «segue sen enviarse malia ter sido aprobada» no pleno municipal do pasado 27 de novembro. A concelleira Marta Abal, lembrou que, nesa mesma sesión, o grupo socialista xa advertira de que a Conta Xeral chegaba «fóra de tempo» e preguntaba «ao goberno municipal polas consecuencias deste atraso sen obter resposta algunha».

«Consecuencias graves»

Os socialistas subliñan que a non remisión en prazo da Conta Xeral pode ter «consecuencias graves» para Santiago, como a «perda de subvencións e doutros recursos económicos fundamentais». Por este motivo, Abal indicou que «hoxe mesmo solicitaremos información ao goberno municipal para aclarar por que non se remitiu a Conta Xeral, cando ten previsto facelo, e cales son as consecuencias económicas concretas xa coñecidas deste incumprimento».

«Unha vez máis queda en evidencia que a xestión do día a día atragántaselle ao goberno municipal presidido pola señora Sanmartín, poñendo en risco recursos económicos fundamentais para a cidade», denunciou Abal.

Tracking Pixel Contents