TEATRO
Alejandro Jato, de ser Camilo Sesto a ‘Hamlet’ na versión do CDG con ata 16 intérpretes
A versión do clásico de Shakespeare, feita por Vanesa Sotelo e Tito Asorey, empeza os ensaios en Santiago e a venta de entradas

Alejandro Jato, como Hamlet e como Camilo Sesto. Na dereita: grupo de traballo nun ensaio do CDG / Cedida

A versión de Hamlet do Centro Dramático Galego (CDG) vai camiño da estrea. Comezaron xa onte en Santiago os ensaios desa adaptación baixo a dirección escénica de Tito Asorey e cun elenco de 16 intérpretes.
A unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asume unha versión galega do clásico de William Shakespeare, asinada polo propio Asorey xunto a Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato. A estrea en Compostela terá lugar o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro.
A compañía pública galega, fundada en 1984, dálle continuidade deste xeito á súa liña programática de incorporar ao galego as grandes obras da dramaturxia universal. Neste caso faino como a produción propia central para este ano e sobre un dos títulos máis representados e traducidos de todos os tempos: a traxedia de vinganzas, traizóns e remorsos do príncipe de Dinamarca, drama cumio do bardo inglés publicado no ano 1603.
Protagonistas: 16 entre 300 candidaturas
O actor vigués Alejandro Jato encarna a Hamlet neste novo espectáculo e completan a interpretación Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad e Sergio Zearreta.
Cada un deles e delas chega a este proxecto mediante un proceso de audicións ao que concorreron máis de 300 profesionais.
Alejandro Jato e os Mestre Mateo
Antes desta proposta do Centro Dramático Galego (CDG), Alejandro Jato medrou en sona despois de ser Camilo Sesto en Camilo Superstar, serie de Atresplayer, e, na sua faceta como director, asina Curmán, filme que é candidata a Mellor Curtametraxe nos XXIV Premios Mestre Mateo da Academia Galega, curta producida por Mala Herba Producions e Jato coa subvención da Xunta de Galicia a través de Agadic o apoio da Deputación de Pontevedra
Carlos Alonso asina a escenografía dese Hamlet, Laura Iturralde a iluminación, Saturna o vestiario, Xavier Bértolo o espazo sonoro, Lorena Calvo a maquillaxe e caracterización, Rut Balbís o movemento escénico e coreografía, Xosé Piñeiro a loita escénica, Melania Cruz a asistencia de texto, Rosa Moledo o asesoramento lingüístico e Sara Rey traballa como axudante de dirección.
A venda anticipada de localidades para as funcións de Hamlet, que se desenvolverán de de mércores a domingo ata o 3 de maio, está xa dispoñible na web entradas.ataquilla.com (10 euros) e no despacho de billetes do Salón Teatro nos días de apertura.
‘Memorias dun neno labrego’, de xira
O CDG combina este período de ensaios da obra de Shakespeare coa xira Memorias dun neno labrego. A proposta teatral dirixida por Cándido Pazó a partir do célebre libro de Xosé Neira Vilas e estreada o pasado 8 de xaneiro, volve o Salón Teatro do 11 ao 15 de febreiro, e visita tamén os escenarios de Vimianzo (30 de xaneiro), Nigrán (1 de febreiro), Lugo (5 de feb.), Ribeira (6 de feb.), Vilalba (7 de feb.), Rianxo (18 de feb.), Monforte de Lemos (19 de feb.), O Barco de Valdeorras (20 de feb.) e Carballo (21 de feb.).
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo