Xunta de goberno
Raxoi da luz verde a melloras nunha escola infantil e en instalacións deportivas
Soben as tarifas do tanatorio municipal e das acometidas de auga

O campo de fútbol 'Suso Conde', de Villestro / ECG

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou onte o proxecto técnico para substituír as cubertas da Escola Infantil de Tras-Parlamento, que estima un orzamento de 251.386,56 euros e un prazo de 100 días hábiles. A voceira Míriam Louzao detallou que a obra afectará as dúas cubertas planas do edificio, unha delas transitable e outra axardinada, que teñen problemas de filtración de auga ao interior.
Campo de Villestro e estadio Verónica Boquete
Na reunión acordouse, así mesmo, aprobar o proxecto para renovar o céspede, as porterías, a rede e as varandas do campo de fútbol Suso Conde de Villestro. A fórmula que se prevé para a súa contratación é dun renting que se encargue tanto da instalación como do seu mantemento cun orzamento de 577.089,55 €. En materia deportiva, adxudicouse a vixilancia do Estadio Municipal Verónica Boquete á empresa Segursystem Europa por dous anos, cunha proposición económica de 290.198,54 euros.
Actualización de prezos
Por outra banda, Raxoi validou o cadro de prezos para 2026 das acometidas do servizo municipal do ciclo integral da auga, que resulta de aplicarlles a variación do IPC do 2,7 % ás cifras, sen IVE, de 2025. Igualmente, foi aprobada a actualización das tarifas do servizo do tanatorio municipal de Boisaca, supoñendo unha suba 2,6 %.
Outros acordos destacados foron a licenza outorgada á empresa SCQ Platforms para a reforma do edificio modernista situado no número 19 da rúa das Casas Reais, ou o contrato de novos traxes para os bombeiros por case 69.000 euros.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago