Santiago
O PP de Santiago denuncia o deterioro do asfaltado na Avenida do Burgo das Nacións
Yolanda Otero sinalou que "os danos na estrada son visibles e tradúcense en importantes molestias diarias para os condutores, xa que isto supón un risco engadido para a circulación"

Estado da avenida Burgo das Nacións, en Santiago / Cedida
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de denunciar o "lamentable estado no que se atopa a pavimentación da avenida do Burgo das Nacións, unha vía moi transitada, posto que dá servizo a numerosas persoas". Otero, que levará este asunto ao Pleno desta semana, sinalou que "os danos no asfaltado son visibles e tradúcense en importantes molestias diarias para os condutores, xa que isto supón un risco engadido para a circulación".
"Este viario foi obxecto de pavimentación hai uns meses e, aínda así, volve presentar un asfaltado deteriorado e con fochancas, está claro que o goberno de BNG e CA ten que deixar a política do parche e a improvisación, sobre todo, cando falamos de mantemento da cidade e servizos públicos", subliñou a concelleira.
Otero destacou que "as veciñas e veciños de Santiago merecen atención e responsabilidade no mantemento das vías e os espazos públicos municipais, polo que dende o Partido Popular de Santiago esiximos unha actuación inmediata na Avenida do Burgo das Nacións, co fin de garantir a seguridade e o benestar dos nosos veciños".
Problemas noutros puntos da cidade
Yolanda Otero remarcou que "esta imaxe esténdese a outros puntos da cidade, seguimos atopándonos asfaltados en mal estado, fochancas, beirarrúas con lousas levantadas e desniveis que dificultan o tránsito de vehículos e peóns, ademais de poñer en evidencia unha xestión municipal deficitaria".
Finalmente, a concelleira insistiu en que "cada burato que non se arranxa é un potencial perigo diario para condutores, ciclistas e viandantes e Compostela languidece, día a día, ante a desidia dun goberno nacionalista incapaz de solucionar os problemas reais da veciñanza".
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago