Que facer hoxe, 28 de enero, en Santiago: nova sesión do ciclo Demo Open Mic no pub Camalea
Unha obra de teatro, a presentación dun libro no Ateneo ou a preeestrea dun documental na USC, entre as propostas deste mércores en Compostela

Nacho Sanmartín, Kari Carbone e Jorge Baleo estarán hoxe no pub Camalea / Jesús Prieto
El Correo Gallego
A nova sesión do ciclo Demo Open Mic con monólogos de comedia, chega ata o pub Camalea (20.30 h.; 5 euros), entrega dunha serie de encontros de humor en Santiago onde é ben doado atopar protagonistas como Nacho Sanmartín, Kari Carbone e Jorge Baleo (na foto superior, desde a esquerda). Por outra banda, a biblioteca Ánxel Casal, desde 10.30 h., fai Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias, do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia que vai falar de Emily Brönte.
‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’
TEATRO. A Asociación Cultural e Musical Solfa e a Asociación Cultural O Galo, da man da Federación Galiza Cultura, representan no Principal 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete', un texto de Castelao aquí baixo a dirección de Lucho Penabade. A obra é levada a escena por actores a actrices afeccionados das propias entidades asociativas. Ás 20 horas, de balde.
Presentación de Marilar Aleixandre
LIBROS. O Ateneo celebra na Rúa do Vilar, 19 (Afundación), ás 19.30 horas, a presentación do libro As bocas cosidas, da escritora Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). No acto intervirán, xunto á autora, Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega da Universidade de Santiago, e José Manuel González Herrán, membro da directiva do Ateneo. Marilar Aleixandre, feminista, narradora, poeta e tradutora, é membro da Real Academia Galega dende 2017. Ao longo da súa traxectoria recibiu algúns dos principais premios literarios do país, entre eles o Premio Nacional de Narrativa 2022 por As malas mulleres. O seu labor académico na USC estivo centrado na argumentación e no pensamento crítico.
‘Expediente Velo’, de Aser Álvarez
LEMBRANZAS. Ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía terá lugar a preestrea do documental Expediente Velo (2026), de Aser Álvarez (30 min.) no marco desta actividade de conmemoración dos 65 anos da Operación Compostela e do Ciclo de Cinema Filosófico da USC. Este acto contará coa presenza do director, quen vai facer unha breve visita guiada á expo Love Velo, que está na entrada desa mesma facultade, e haberá ademáis unha presentación do filme, gravado entre Celanova, Santiago e outras localizacións. É unha homenaxe á figura de Xosé Velo Mosquera (1916 - 1972), escritor e político galego.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo