Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 29 de xaneiro, en Santiago?

‘Reconversión’, de Ibuprofeno, e recital da Real Filharmonía

‘Reconversión’, de Ibuprofeno, e recital da Real Filharmonía / Diego Seixo

Santiago de Compostela

‘Reconversión’, de Ibuprofeno, e recital da Real Filharmonía

A ferida no sector naval na Ría de Vigo nos anos 80 é a semente de Santiago Cortegoso para fiar Reconversión, obra de Ibuprofeno Teatro baseada na vida do seu pai. Hai funcións hoxe e mañá no Principal (12 euros; 20:30 h.). Completan o elenco: Artur Abad, Graciela Carlos, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos. E no Auditorio de Galicia (20:30 h.; 18 €), hai un concerto da Real Filharmonía con Baldur Brönnimann (director) e Raquel Areal (violín).

‘Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II.’

O Museo do Pobo Galego inaugura hoxe a exposición Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II. É unha mostra que convida a achegarse ao mundo das máscaras como expresión cultural universal, presente en festas, rituais, celebracións relixiosas e representacións teatrais de diferentes épocas e lugares do mundo. A exposición componse dunha coidada selección de 54 máscaras procedentes de Romanía, Italia, Portugal e España, todas elas pertencentes á colección privada do coleccionista e viaxeiro Nacho Rovira.

‘Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II.’

‘Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II.’ / Cedida

La M.O.D.A. y Migui Bouzó con Eva Novio

O grupo La Maravillosa Orquesta del Alcohol, La M.O.D.A., banda de Burgos que ofrece pop e folk rock, fai un concerto na sala Capitol, proposta xa con entradas esgotadas desde fai varias semanas. E, por outra banda, no pub Modus Vivendi, hai unha actuación conxunta de Migui Bouzó con Eva Novio (21 h.; taquilla inversa).

Long Weekend en Outlet Área Central

O centro comercial Outlet Área Central celebra esta semana a súa Long Weekend, unha campaña na que os seus clientes atoparán descontos adicionais nos seus establecementos. Estas ofertas especiais só se poderán gozar desde hoxe ao sábado 31 de xaneiro. Esta campaña se fai cada mes cando chega o último xoves. Os outlets exclusivos (únicos en Galicia) de Bimba y Lola, Scalpers, El Ganso, etc. participan neste coñecido espazo comercial da capital galega.

Tracking Pixel Contents