Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Os non adscritos piden un plan estable sobre saúde mental

Muíños critica que o PSOE reivindique a reforma do campo de fútbol de Villestro como un logro propio

A concelleira non adscrita Marta Álvarez

A concelleira non adscrita Marta Álvarez / Cedida

Santiago

A concelleira non adscrita Marta Álvarez levará ao pleno de hoxe unha pregunta ao goberno local para reclamar o cumprimento dun acordo orzamentario do 2025 sobre o desenvolvemento dun plan estable de saúde mental «desde unha perspectiva integral».

Os non adscritos propoñen afrontar esta cuestión a través da educación emocional, promovendo un uso responsable das redes sociais ou ampliando a oferta de actividades de ocio alternativo para a mocidade. Ademais, insisten en reclamar máis implicación do goberno local. «Temos que acompañar, ofrecer axuda e educar a través da divulgación», recalca Álvarez.

Campo de Villestro

Pola súa banda, Gonzalo Muíños referiuse á renovación anunciada do céspede do campo de fútbol de Villestro, anunciada o luns por Raxoi. Unha "boa nova" recalca o non adscrito, que criticou aos seus excompañeiros socialistas, despois de que Marta Abal "reivindicara como propio un acordo que antes lle resultaba alleo". Muíños lembra que el asinou ese pacto orzamentario cando aínda era voceiro do PSOE en Raxoi e atribuíu as declaracións da súa antiga formación a un "intento de facerse notar".

Tracking Pixel Contents