Santiago
Avanza o paso elevado no cruce do Hórreo con Gómez Ulla: «prioridade absoluta» para os peóns
Goretti Sanmartín reafirma a aposta pola accesibilidade e por un urbanismo que priorice a mobilidade a pé

Obras no cruce da rúa do Hórreo con Gómez Ulla, en Santiago / Cedida

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e persoal técnico, visitou onte as obras que se están a executar na rúa do Hórreo, no cruce coa rúa Gómez Ulla, para a colocación dun paso de peóns elevado. A actuación rematará «nas próximas semanas», indicou Domínguez, á espera de que mellore o tempo para realizar o asfaltado, e enmárcase nas intervencións levadas a cabo en 17 puntos da cidade para mellorar a accesibilidade cun investimento de 300.000 euros.
Sanmartín destacou que coa ampliación da beirarrúa no cruce, fronte á actual illa na que paran vehículos, faise unha «liña de continuidade lóxica a través de todo o Hórreo para que os peóns poidan discorrer sen obstáculos nin barreiras». O habitual ata agora é que os peóns non baixasen ata o paso habilitado en Gómez Ulla para continuar polo Hórreo, mentres que coa obra a traxectoria poderá realizarse en liña recta de maneira máis segura.

Sanmartín e Domínguez reciben explicacións sobre o desenvolvemento da obra / Cedida
Aparcamento para mobilidade reducida
A actuación inclúe a ampliación do ancho do carril de circulación de vehículos para favorecer o xiro. Do mesmo xeito, está prevista a recolocación da praza adaptada a mobilidade reducida, xunto á calzada da rúa do Hórreo, e engádese outra para carga e descarga. Na rúa Gómez Ulla tamén se mantén unha praza para mobilidade reducida. Tamén haberá novos sumidoiros, as sinais necesarias e unha árbore, procurando un «espazo máis amable».
A alcaldesa incidiu na aposta do goberno local por «un modelo urbanístico transformador, sustentable, feminista; un modelo que priorice as persoas que van a pé», considerando que os peóns deben ter «prioridade absoluta». «É unha das moitas actuacións en moitos puntos da cidade e que entendemos que poden acabar significando, pinga a pinga, a mudanza da propia configuración da cidade», engadiu.
Accesibilidade en García Lorca
Durante a visita, Domínguez declarou que, mentres se modifica o proxecto da rúa García Lorca e a obra permanece parada pola aparición dunha canalización de fibrocemento, o goberno procurará ofrecer algunha solución de accesibilidade ante a rugosidade do pavimento, tal como demandou a veciñanza.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago