Santiago
Raxoi pon en marcha o proceso para crear o órgano que dará voz á infancia de Santiago
O departamento de Dereitos Sociais porá en marcha o Consello Municipal da Infancia no primeiro semestre deste ano

Rozas, acompañada pola xefa de servizo de Servizos Sociais, Teresa Furelos, e por Ismael Blanco, da consultora Deloga / Cedida
O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos Sociais, creará no primeiro semestre do ano o Consello Municipal da Infancia, un órgano estable de participación que lles permitirá ás nenas e nenos exercer o seu dereito a seren escoitados e a formar parte activa da vida municipal.
Anunciouno onte a concelleira María Rozas, que explicou que coa posta en marcha deste novo instrumento «seguimos avanzando en materia de participación, e dámoslle cumprimento ao mandato da Convención dos Dereitos da Infancia, que insta aos Estados a garantir que os nenos e nenas poidan expresar a súa opinión sobre os asuntos que lles afectan e a que esas opinións sexan tidas en conta».
Aposta pola participación
A tenenta de alcaldesa puxo en valor «a aposta que vimos facendo pola participación neste mandato», a través da recuperación de foros deste tipo e con iniciativas como os orzamentos participativos. Rozas explicou que «era a quenda da infancia, un colectivo prioritario para a Concellaría de Servizos Sociais ao que lle temos que garantir o dereito á participación da mesma maneira que procuramos garantirlle o dereito á educación ou á saúde».
O Consello Municipal da Infancia será un órgano consultivo no que os nenos e nenas poderán expresar as súas preocupacións, formular as súas propostas, ou participar no deseño das accións que lles afectan de maneira directa; ao tempo que reforzan a aprendizaxe en valores democráticos.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo