Estudantes da USC reclaman máis atención nas campañas das candidatas ao Reitorado
O Consello do Estudantado organiza coas catro candidatas un debate o 5 de febreiro en Santiago

Estudantes na Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago. / Jesús Prieto

O Consello do Estudantado da USC aféalle ás catro candidatas a reitora que co inicio da campaña electoral estean deixando as necesidades e as problemáticas do estudantado «nun segundo plano». Nun comunicado, definen de «non admisible» que o estudantado «quede relegado a un papel secundario», posto que representa unha importante porcentaxe do voto ponderado.
Co obxectivo de garantir que as demandas estudantís sexan escoitadas e debatidas, o Consello do Estudantado organiza dous debates específicos «centrados ao 100%» no estudantado da USC, onde se cita ás catro candidatas e ás persoas encargadas da vicerreitoría con competencias en estudantes. Non obstante, a convocatoria dos debates non o ven suficiente e pídenlle ás candidatas que expresen «como van a solucionar as problemáticas do estudantado» da USC en todos os seus actos de campaña. «Non se pode esperar que o estudantado acuda a actos nos que non se lles da a importancia que merecen», din.
Así, o vindeiro xoves 5 de febreiro, ás 18.00 horas, celebrarase un debate no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago para abordar catro bloques temáticos: participación estudantil e asociacionismo; calidade; lingua, cultura e deportes; e mobilidade e vivenda.
O día anterior, haberá un encontro en Lugo, no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, tamén ás 18.00 horas.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo