Estrea do podcast 'Faladoiro ecoBosque' no Día Mundial dos Humidais
Parte do proxecto EcoBosque do Banquete de Conxo, estará dispoñible desde este martes en Spotify

Cartel sobre a iniciativa do faladoiro dentro do proxecto EcoBosque impulsado polo Concello de Santiago. / Cedida
K. Martínez
O proxecto EcoBosque do Banquete de Conxo estrea un novo canal de podcast coincidindo co Día Mundial dos Humidais, que estará dispoñible desde este martes, 3 de febreiro, en Spotify.
Faladoiro ecoBosque: Conversas sobre natureza, memoria e futuro do Río Sar, como así se chama o novo espazo sonoro, busca invitar á reflexión sobre a relación entre os ecosistemas fluviais, a historia e os retos ambientais do futuro.
O primeiro epsiodio publícase este luns, día no que se lembra a importancia dos humidais como espazos clave para a biodiversidade, a xestión da auga, a prevención de inundacións e o patrimonio cultural asociado a eles, e no que a nivel internacional conmemora a sinatura do Convenio de Ramsar en 1971.
Manel Leira, no episodio inaugural
Baixo o lema Os humidais e os coñecementos tradicionais: celebremos o patrimonio cultural, desta edición, o podcast o toma como fío condutor para un episodio inaugural no que o faladoiro conta coa participación de Manel Leira, investigador do grupo Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI) da Universidade de Santiago (USC), con ampla experiencia no estudo dos ecosistemas acuáticos, quen adéntrase nunha conversa que afonda en que son os humidais, por que son tan relevantes e cal é o seu estado de conservación en Galicia.
Inspirado nun xantar colectivo
O podcast preséntase cun formato orixinal inspirado nun xantar colectivo, no que os entrantes, o prato principal e a sobremesa marcan o ritmo da conversa. A través deste enfoque divulgativo, Ecobosque busca achegar á cidadanía coñecemento científico, memoria histórica e reflexión crítica sobre o territorio, facendo especial fincapé no río Sar e na contorna do Bosque do Banquete de Conxo en Santiago.
O proxecto EcoBosque, impulsado polo Concello de Santiago e subvencionado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través da Fundación Biodiversidade, ten como obxectivo mellorar e renaturalizar a contorna do río Sar, poñendo en valor un enclave de alto interese ambiental e histórico. A través de accións de restauración ecolóxica, divulgación e participación cidadá, o proxecto pretende fomentar unha relación máis consciente e respectuosa coa natureza.
Con este novo canal de podcast, o proxecto dá un paso máis no seu labor de sensibilización ambiental, convidando á veciñanza a escoitar, aprender e mirar os humidais con outros ollos, lembrando que protexer estes ecosistemas é tamén protexer o noso futuro.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles