Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 2 de febreiro, en Santiago?

Inauguración da exposición de fotos de Óscar Corral

Inauguración da exposición de fotos de Óscar Corral / Óscar Corral

Santiago de Compostela

Inauguración da exposición de fotos de Óscar Corral

Hoxe inaugúrase na Facultade de Ciencias da Comunicación unha exposición coas fotografías que fixo sobre as inundacións de Valencia Óscar Corral e que lle valeron o Premio de Fotoxornalismo Ortega y Gasset 2025. A apertura será ás 09.45 horas cun acto breve, para dar paso ás 10.00 horas a unha palestra no auditorio do centro co propio autor, que leva décadas de traballo no eido do xornalismo mesmo en Galicia como tamén fora.

Festival de Teatro Universitario

O XXX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural, terá lugar desde hoxe ao 7 de febreiro. Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición participan as escolas de teatro das Universidades de Beira Interior de Portugal, de Granada e de Mozambique. Cada uha das funcións ten lugar no Salón Teatro ás 20.30 horas, e a entrada é de balde previo paso pola billeteira. A Universidade da Beira Interior de Portugal abre o luns 2 esta edición do festival coa peza Ficções do interlúdio, de Rui Pires, unha peza en lingua portuguesa de 60 minutos de duración.

Festival de Teatro Universitario

Festival de Teatro Universitario / Cedida

Conferencia de Ángel Carracedo

Hoxe (19:30 h.), o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 (Afundación) unha conferencia titulada De Mendel aos grandes proxectos xenómicos: Proxecto Xenoma Galicia, que estará impartida por Ángel Carracedo, experto internacional en xenética. Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) dende 1990, Carracedo é dende 1998 director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia), centro onde se centraliza o diagnóstico xenético de Galicia con máis de 40.000 pacientes por ano e o de maior volume de España. A conferencia é de entrada libre ata encher un aforo de 100 localidades.

Conferencia de Ángel Carracedo

Conferencia de Ángel Carracedo / Cedida

Concerto gratis de Bluesandiago

O nacente grupo compostelá chamado Bluesandiago, integrado por Iria Iglesias ao piano, Nicolás Otero ao clarinete e Carlos Arévalo á percusión, dan un concerto de entrada libre esta noite, ás 21.30 horas, en La Galiciana. Ofrecen un repertorio de música blues, jazz e ata composicións de swing, setlist alegre donde hai versións de temas popularizados por grandes como Paul Desmond e Joe McCoy.

Tracking Pixel Contents