Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Vello dos Contos: récord de premios e categorías para o concurso de podcast pioneiro en Galicia

O certame para alumnos de colexios e institutos amplíase nesta oitava edición aos universitarios

Hai que solicitar a participación antes do vindeiro día 13

Créase un premio especial do xurado de 1.500 euros

Alumnos de La Milagrosa, na presentación do certame.

Alumnos de La Milagrosa, na presentación do certame. / Cedida

Martín García Piñeiro

Martín García Piñeiro

Santiago

Os Premios de Podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez O Vello dos Contos botan a casa pola fiestra con novas categorías e premios para celebrar a oitava edición dun certame que fixo historia en Galicia, ao ser o primeiro en promocionar o formato podcast.

De feito, a esencia desta iniciativa é promover o podcast como ferramenta educativa, ademais de fomentar o uso do galego entre a mocidade ao tempo que se famialiarizan coas novas tecnoloxías. E o mellor exemplo diso é que esta edición se presentou coa elaboración dun podcast no colexio La Milagrosa de Santiago, donde teñen un espacio propio de radio.

Por último, o certame pon en valor a figura de Xosé Mosquera Pérez (1895-1965), que co personaxe do Vello dos Contos converteuse na primeira grande estrela mediática galega, ademais de ser un pioneiro da radio e un promotor cultural.

O premio está convocado por Arraianos Producións, en colaboración co IES Rosalía de Castro de Santiago e co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, e outras entidades como Oral de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, a EASD Mestre Mateo. Tamén participan institucións como a Real Academia Galega, o Parlamento de Galicia, o Consorcio de Santiago e o Concello de Santiago.

Programa de radio no colexio La Milagrosa para presentar o certame.

Programa de radio no colexio La Milagrosa para presentar o certame. / Cedida

Bases do certame

Os VIII Premios de Podcast O Vello dos Contos está dirixido a alumnado de primaria, secundaria, educación para adultos e, como novidade neste 2026, tamén para universitarios.

Admitiranse podcast orixinais e inéditos relacionados coa figura do Vello dos Contos, cos inicios da radio en Galicia, coas materias dos plans de estudos dos centros educativos ou con aspectos da cultura tradicional e contemporánea galega e portuguesa.

Para participar nesta convocatoria será necesaria a presentación dunha solicitude, enviada antes do vindeiro día 13 de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio, ao seguinte enderezo: ovellodoscontos@arraianos.com

Logo, os traballos participantes deberán ser enviados por correo electrónico antes do 1 de maio al mesmo enderezo electrónico.

Os premios inclúen lotes de libros e estatuiñas exclusivas deseñadas na Mestre Mateo.

Os premios inclúen lotes de libros e estatuiñas exclusivas deseñadas na Mestre Mateo. / Cedida

Premios

Unha das novidades desta oitava edición é a creación dun gran premio do xurado dotado con 1.500 euros entre as seguintes categorías: primaria, secundaria, centros de ensino para adultos e alumnos universitarios.

Tamén haberá un premio ao mellor proxecto radiofónico onde poden participar os centros públicos ou privados non universitarios e outras entidades sen ánimo de lucro que conten cun proxecto radiofónico, podcast ou cunha emisora de radio estable, así coma calquera outra entidade que presente unha breve memoria de actividade cunha extensión máxima de tres páxinas.

Ademais, entrengaranse lotes de libros e estatuiñas conmemorativas deseñadas para a ocasión de forma exclusiva pola escola Mestre Mateo da capital galega.

Toda a información do certame está en www.ovellodoscontos.gal.

Tracking Pixel Contents