Santiago
Pegan carteis na sede do PP de Santiago: "O vandalismo non pode disfrazarse de activismo"
Varios locais do partido en diferentes puntos de Galicia amenceron este luns coas fachadas empapeladas con carteis nos que se critica a súa xestión dos incendios

A sede do PP de Santiago, cos carteis pegados na súa fachada / Cedida
A sede do Partido Popular de Santiago, na rúa San Pedro de Mezonzo, amenceu na mañá deste luns coa fachada empapelada con carteis nos que se acusa á formación de ser un "partido pirómano" e de levar "17 anos queimando Galiza". A imaxe repetiuse en locais de diferentes puntos de Galicia, unha acción que o PPdeG tildou de "vandalización", advertindo de que "a oposición está cruzando liñas vermellas".
O PP compostelán lamentou nun comunicado os feitos, atribuíndoos a "radicais independentistas". Tamén indican que "non se trata dun feito illado", xa que polo 25 de novembro a sede xa sufrira "unha vandalización e un escrache, no transcurso do cal varias compañeiras da formación foron obxecto de agresións verbais". Así, engaden que "estamos a falar dunha escalada preocupante de sinalamentos e ataques que non poden normalizarse e ante os que a señora Goretti Sanmartín demostrou ser unha covarde por non defender ás súas compañeiras, deixando ver que o que realmente é, é unha feminista de pancarta, que tipo de feminismo é ese? Ese é o tipo de feminismo que ela defende?".
Ademais de Santiago, o episodio repetiuse polo menos, nas sedes de Ourense e Lugo, onde comparten espazo a cidade e a provincia, así como en Gondomar e Sada. Nalgúns casos, os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía, sinalan desde o PP. "Esta forma de actuar non representa a Galicia. Isto é romper co respecto, a dignidade e a educación", afirma PPdeG, remarcando que "o vandalismo non pode disfrazarse de activismo".
Estratexia de "conflitividade social"
Neste sentido, consideran que esta acción está enmarcada nunha "estratexia do independentismo galego baseada na conflitividade social", que estaría traendo este tipo de consecuencias e piden á oposición que condene firmemente estes feitos. "Pretenden instaurar na nosa Comunidade un clima de confrontación e polarización, pero nós non estamos dispostos a entrar nese xogo", afirman.
"Galicia é unha terra tranquila, de sentidiño, e a nosa fortaleza está precisamente na estabilidade, a responsabilidade e a proposta, non neste tipo de actuacións", subliñan desde o PPdeG, que xa veñen denunciando nos últimos meses o incremento das pintadas e cartelería en espazos públicos, "como se estes fosen da súa propiedade, especialmente protagonizadas por Galiza Nova e visibles en numerosas rúas das vilas e cidades galegas".
Así, instan aos responsables destes feitos "a que fagan isto nos edificios da súa propiedade e non nas sedes doutros partidos ou nos espazos públicos".
Iniciativa no Parlamento
O PP lembra que en setembro levou ao Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para "rexeitar actitudes que buscan a apropiación dos espazos públicos mediante pintadas ou empapelados con símbolos e consignas de contido ideolóxico e partidista que representan actos vandálicos". Uns actos que, argumentan, "distan moito dunha sociedade plural, libre, aberta, democrática e tolerante".
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago