A Xunta licita melloras na climatización da residencia José Otero de Santiago
En xuño de 2025 o sindicato USO denunciaba que tanto maiores coma persoal do centro "levan anos soportando temperaturas por riba dos 27 graos"

Residencia de maiores José Otero, situada no barrio da Pontepedriña / Jesús Prieto
O Consello da Xunta autorizou este lunes a licitación do contrato de obras para a mellora do sistema de climatización da residencia de maiores pública autonómica José Otero, situada na rúa Escultor Camilo Otero, e que ten unha capacidade de 150 prazas.
Segundo informa o goberno autonómico, o orzamento base de licitación é de "case 230.000 euros" e o prazo de execución das obras de mellora é de dous meses. O contrato para estas actuacións está publicado no perfil do contratante e vai supor "o relevo dos actuais equipos de climatización situados no sótano do edificio por uns novos que se instalarán na cuberta do mesmo".
Con esta renovación, afirman dende a Xunta, "garántese o confort térmico necesario para este tipo de instalacións e, con el, o benestar das persoas residentes".
Estas obras están sufragadas con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea (NextGenerationEU) e enmárcanse na aposta do Goberno galego "en pro da atención das personas maiores", neste caso, a través da mellora e do acondicionamento das residencias da rede pública autonómica.
Melloras que xa a mediados do pasado mes de xuño reclamaba o sindicato USO -Unión Sindical Obreira- ao tempo que denunciaba que tanto os maiores residentes na José Otero coma o persoal traballador da mesma leva "anos soportando temperaturas por riba dos 27 graos". En aquel momento o sindicato reclamoulle non só á Xunta, senón tamén á multinacional privada que xestiona a residencia (DomusVi) que procedesen "a instalar un sistema de climatización" de acordo coa normativa vixente, relativa a riscos laborais.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo