Crujeiras retira a Luis Míguez da súa candidatura a reitora da USC
Un grupo de estudantes denunciaron un "patrón reiterado de discursos excluíntes, con expresións homófobas, contrarias a dereitos fundamentais e incompatibles coa universidade" nun blog persoal

Estudantes da Universidade de Santiago no Campus Sur. / Antonio Hernández
Sete estudantes da USC de diferentes facultades dos campus de Santiago e Lugo que crearon unha conta en Instagram co fin de trasladar á comunidade universitaria información sobre as catro candidatas a reitora durante o periodo electoral pídenlle a Rosa Crujeiras a retirada de Luis Míguez, como secretario xeral, da súa candidatura por difundir discursos de odio nun blog persoal. O entorno da catedrática de Matemáticas, confirmou a EL CORREO na tarde deste martes que "ante as últimas noticias, Luís Míguez, xa non forma parte da candidatura de Rosa Crujeiras". Horas máis tarde, a propia candidata confirmábao no seu Instagram, sinalando que "quen lidera e quen dirixe este programa son eu, como parte dun equipo que quere avanzar cara unha USC feminista, inclusiva e comprometida.
“Non falamos dunha cita illada nin dunha discrepancia ideolóxica puntual, senón dun patrón reiterado de discursos excluíntes, con expresións homófobas, contrarias a dereitos fundamentais e incompatibles cos valores da universidade pública”, inciden nun comunicado en Instagram.
Sinalan que nos seus escritos exprésanse posicións contrarias ao dereito ao aborto, contra a igualdade de xénero, contra a diversidade lingüística e cultural e contra os dereitos das persoas LGTBI.
Así instan a Rosa Crujeiras a “que deixe constancia de que non comparte estes posicionamentos”.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles