Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Nogueira presenta medidas destinadas a apoiar a carreira académica do profesorado

"Impulsaremos a consolidación da carreira académica a través da estabilización do profesorado axudante doutor, acurtando os prazos e a promoción do persoal acreditado", sinala

Alba Nogueira, candidata a reitora da USC

Alba Nogueira, candidata a reitora da USC / Jesús Prieto

Santiago

A candidata á reitoría da USC Alba Nogueira anunciou unha batería de medidas destinadas a apoiar as carreiras académicas do profesorado e ofrecer condicións laborais dignas, que considera fundamentais, para captar e manter a motivación do profesorado, co obxectivo de seguir a ser a universidade de referencia na docencia e investigación de Galicia. "Xa ofrecemos un voto de confianza para que as prazas de estabilización se convocaran este curso sen demoras pola celebración das eleccións e esa será a nosa primeira prioridade, para despois abordar as promocións".

"Temos que pór en marcha, de inmediato, a planificación da remuda xeracional para garantir o mantemento das nosas titulacións e da investigación cun alto nivel de excelencia", indicou a candidata. Para isto, no período 2026-2032 propón partir dun avance no cómputo das horas de docencia equivalentes (HDE) para o PDI de todas as áreas de coñecemento, "por enriba do 25% dos actuais cálculos estruturais".

Reducir a precariedade

Nogueira aposta tamén por reducir a precariedade laboral e impulsar a mellora salarial, singularmente nas condicións retributivas, compatibilidades e posibilidades de participación "en actividades de investigación do profesorado interino a tempo parcial P3 e P6 e coa equiparación salarial dos axudantes doutores co resto do Sistema Universitario Galego", explicou. "Impulsaremos a consolidación da carreira académica a través da estabilización do profesorado axudante doutor, acurtando os prazos e a promoción do persoal acreditado", engadiu.

Ademais, a candidata indica que ten previsto reformar as normas de elaboración do Plan de Organización Docente para facilitar que unha porcentaxe da escolla de materias poida manter unha estabilidade temporal razoable. Outro dos compromisos será reforzar as políticas de igualdade e diversidade, ademais de facer efectivas as medidas de conciliación, entre outras medidas.

Tracking Pixel Contents