Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O pleno de febreiro: data de Raxoi para debater a xestión da auga

A alcaldesa Sanmartín reafirma a "mágoa" polo cambio de modelo a concesional e segue a defender a idoneidade da proposta mixta

Depósito de auga en Vilares, lugar do municipio compostelán

Depósito de auga en Vilares, lugar do municipio compostelán / Antonio Hernández

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, pronunciouse este martes sobre o cambio de modelo de xestión acordado pola maioría de integrantes da comisión da auga. "Para nós, como goberno, entendemos que é unha mágoa e unha oportunidade perdida para Compostela", afirmaba a rexedora, que pese todo apuntou a inteción do seu executivo de levar a proposta de xestión concesional ao pleno do mes de febreiro.

Aínda seguindo a defender a proposta de xestión mixta, Sanmartín recalcou que a resolución da comisión debe ir ao pleno "e alí discutirase", mais insistiu en aclarar que "aínda que algunhas persoas dicían que o informe non acaba de afirmar de maneira concluínte que esta é a única forma posible, si a recomendaba como a opción máis equilibrada".

"No pleno discutirase pero non creo que sexa nin o máis lóxico nin unha boa noticia para Santiago que a escolla acabe afastándose do informe, non só máis recente, senón, un informe transversal que conta con múltiples perspectivas", continuou defendendo Sanmartín, que tamén apuntou "a fórmula mixta tiña en conta o necesario control público e por outro lado incluía a posibilidade de que houbese parceiros que fixesen achegas para os investimentos importantes que Compostela necesita nas súas infraestructuras".

Nesta liña volveu lamentar que a oposición "non estea de acordo cun informe que foi realizado de maneira transversal, con persoas do ámbito xurídico, económico, estatístico… Persoas que teñen un coñecemento importante e que fan unha proposta que entenden que é equilibrada e, polo tanto, a máis razonable e lóxica para Santiago".

A fórmula mixta, defendeu Sanmartín como xa o luns fixera a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas (Compostela Aberta), "significaría o control público da auga, o control dese ben público".

Tracking Pixel Contents