TEATRO
Chévere fai un debate en Santiago con Cidrás, Beiras e Vila Posada
Ese encontro are as citas paralelas para afondar no espectáculo que van representar os días 20, 21 e 22 de febreiro

Integrantes de Chévere. / Cedida

O Auditorio de Galicia acolle os días 20, 21 e 22 de febreiro a nova montaxe de Chévere, ICTUS (anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao), citas en Santiago con entradas desde 14 euros. E entre as actividades paralelas desa obra que ten por fío condutor é A derradeira leición do mestre (a última pintura que Castelao asinou no exilio), o ciclo do Concello Compostela Cultura presenta un programa de actividades que comeza o 7 de febreiro con Retrousos, coloquio na Sala Mozart do Auditorio de Galicia (12:30 horas).
Coloquio
Deste xeito, nese sábado 7, Chévere fai unha sesión de debate con Aldara Cidrás, investigadora especializada no uso de fontes xudiciais para a construción da memoria da violencia golpista; Xosé Manuel Beiras, profesor, economista e político, que abordará a transmisión da memoria de Castelao e Alexandre Bóveda no pensamento nacionalista; e Leticia Vila Posada, directora de Dano Cerebral Galicia, quen realizará unha intervención divulgativa sobre o dano cerebral adquirido e os procesos necesarios para a súa recuperación.
En Fontiñas
E o 14 de febreiro, ás 12.30 horas, o Centro SocioCultural das Fontiñas acollerá unha charla sobre o cadro de Castelao que é peza central do espectáculo. A actividade, realizada en colaboración coa Rede de Centros Cívicos de Santiago, estará conducida por Xesús Ron, responsable da documentación, dramaturxia e dirección de ICTUS.
E o sábado día 21 de febreiro, nas horas previas ao segundo dos pases do espectáculo, integrantes da compañía reuniranse nun debate o público que arrancará ás 17.30 horas no Auditorio de Galicia para afondar no proceso de investigación e desenvolvemento da peza.
De balde
E finalmente, o día 28 de febreiro, na Zona C, terán un espazo no que diseccionar o proceso creativo desa montaxe, desde as primeiras intuicións e liñas de investigación ata as decisións finais de posta en escena. Comezará ás 12.00 horas.
Cada unha destas propostas contará con interpretación en lingua de signos.
Todas as actividades son de acceso libre ata completar capacidade «e fan parte do compromiso de Compostela Cultura cunha mediación accesible, inclusiva e orientada á creación de comunidade arredor das artes escénicas, fiel á concepción da cultura como dereito», sinalan fontes do Concello.
Elenco de interpretes
O elenco de ICTUS (anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao) conta con Patricia De Lorenzo, Miguel De Lira, Borja Fernández, Gema Santos e Marcos Pereira, proposta de Chévere que coproduce: Centro Dramático Nacional e apoia a Xunta de Galicia desde Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)) en colaboración co Concello de Ames e o Auditorio de Galicia.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta