A USC busca titores: máis de 200 prazas para acompañar ao novo alumnado
As solicitudes poden presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 13 de febreiro

Santiago acolle esta semana os Encontros na Zona USC con visitas a facultades por parte de alumnado de ensino medio. / Santi Alvite
L.R.
Máis de 200 prazas conforman a oferta inicial de prazas do Programa de Titores da Universidade de Santiago, unha iniciativa a través da cal o estudantado poderá colaborar no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso. Poden concorrer nesta convocatoria as persoas que teñan superados, como mínimo, 30 créditos. As solicitudes poderán presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 13 de febreiro.
O estudantado seleccionado participará nun proceso formativo para adquirir os coñecementos necesarios e desenvolver adecuadamente as actividades previstas para o segundo curso. Neste senso, no período formativo inclúense tres bloques temáticos sobre coñecementos básicos do funcionamento da USC, divulgación da oferta de servizos e programas da institución e formación específica para o labor de titores/as. Este primeiro período formativo desenvolverase en 12 sesións de 90 minutos cada unha entre os días 9 e 26 de marzo, de luns a xoves en horario de 20.15 a 21.45 horas.
Xa no segundo curso, as persoas que accedan á convocatoria colaborarán na acollida na USC dos estudantes de novo ingreso exercendo de titor/a durante todo ano académico e nas actividades do programa A Ponte. Este último programa inclúe as visitas guiadas ás instalacións da USC ou actividades virtuais de orientación e información, entre outros.
Alicia Abraldes, Laura Alonso, Gabriela Antelo, Gabriela Pereira, Sara Sánchez y Miriam Sánchez son las seis alumnas tutoras de la USC en el curso 2025-26
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo